15 abr 2011
Jorge Mira: «Baio é o meu reino de terra e nubes»
O catedrático de Física volve á súa localidade natal cada fin de semana para tomar contacto coa natureza, gozar do seu pobo, da comida caseira e tamén, como leva facendo dende hai xa 28 anos, para dar catequese.