Cristina PatoGaiteira por paixón, educadora por vocación, pianista por carreira e humanista por convicción. Miña nai: «ti estuda filla polo que eu non puiden». Afortunada por unha carreira na música durante 20 anos. Ilusionada pola vida académica e humanística que estou remando a cotío. Orgullosa de pensar que ser Gaiteira e Galega levoume a traballar a lugares cos que nin me permitira soñar: dende Harvard até China. E cun pé sempre na casa para plantar tomates e soñar con aprender a facer pan algún día