Por facer algo diferente, que ben o merece a gran Semana da Prensa na Escola, a cada día deberiamos buscarlle, como lembranza, unha noticia en honra do nome que representa. Se non o fixeches, estás a tempo aínda de facer ese panel de recordo, incorporándote xa ou a semana que vén.
- Por exemplo, o luns, noticias con lúa nova, cuarto crecente, lúa chea e cuarto minguante.
- O martes, co planeta ansiado ou o deus Marte da guerra.
- O mércores, con Mercurio, deus do comercio e as súas novidades.
- O xoves, con Xúpiter, que del emana a autoridade, as leis.
- O venres, con noticias de amor, beleza e a fertilidade de Venus.
Dúas clases de noticias:
- A astronómica: ¿Que pasou en tempos próximos ou por que foron noticia cada un destes 5 astros?
- A simbólica: Sabendo que representan e de que son patróns cada un destes 5 mitolóxicos personaxes, ¿que noticia pomos como reclamo e recordo recente na súa honra?
> Jesús Garrido > cursosrepeducador.es