¿Qué representaban las pinturas rupestres de Baleira?.«Verba volant, scripta manent»: as palabras lévaas o vento e o escrito permanece
«Verba volant, scripta manent»: as palabras lévaas o vento e o escrito permanece

As palabras voan, o escrito permanece

«Verba volant, scripta manent», que dicían os latinos. Esta sentenza de que as palabras as leva o vento e o escrito permanece? valeunos para facer un resumo orientador do publicado en La Voz de la Escuela durante este primeiro trimestre do ano 2017. Non é normal volver sobre os nosos pasos, porque soa un pouco a mirarse ao espello cando hai tanto que facer e seguir adiante buscando noticias mellores e cada vez máis eficaces para que a escola integre a actualidade en todo o seu bo facer. Pero aí vai o resumo, aínda que non esquecemos o que algúns afirman: que o refrán significa, na súa orixe, exactamente o contrario: as palabras voan e chegan a todas partes e o escrito queda aburrido nas bibliotecas. En fin, non había entón Internet, que leva o escrito, tamén, a todo o mundo e con máis velocidade que a que o vento ten. Sexa como for, aí queda un arquivo, unha testemuña en retagarda ou, como dicía o velocista Usain Bolt, unha testemuña cravada, primeiro apoio firme para voar cara á marca.