Na primeira páxina de hoxe ofrecemos un pequeno percorrido sobre puntos básicos que, a xuízo de expertos, marcan o nivel de calidade dos profesores en diversas partes do mundo: Singapur, Shanghai, Finlandia, Londres, os Estados Unidos? definen, entre outros, e a xuízo de expertos, esa liña indicativa da revista «Educational Leadership». E non só o nivel de calidade, senón tamén o feito significativo que se resalta no título xeral da publicación: «Os profesores convértense en líderes da súa propia aprendizaxe». Excelente noticia: algo así como converterse en propios alumnos de si mesmos.
Jesús Garrido churepe@telefonica.net