TEMA Ramón Piñeiro

Últimos artículos publicados

20 abr 2002

Alonso Montero amosa ó mundo de Seoane en «As palabras do exilio»

Luís Seoane e Xesús Alonso Montero. Un artista e un intelectual, dous nomes vencellados ás raíces da cultura galega protagonizan o libro «As palabas do exilio». Este é un ensaio que leva como subtítulo «Biografía intelectual de Luís Seoane», escrito por Alonso Montero e galardoado co premio da Crítica de Galicia en 1995. Lecturas cualificadas

15 abr 2002

Alfonso Zulueta, único candidato á presidencia do Consello da Cultura Galega

A elección do sustituto de Carlos Casares á fronte do organismo cultural será mañá, nun pleno extraordinario Alfonso Zulueta de Haz concurre en solitario á elección de presidente do Consello da Cultura Galega, á que se procederá mañá nun pleno extraordinario deste organismo autónomo, convocado para as 18.30 horas. A candidatura do vicepresidente segundo e presidente en funcións do consello foi a única rexistrada no prazo oficial, que se pechou onte ás 14 horas, promovida polas sinaturas de máis de dez dos 25 membros que compoñen o plenario. O regulamento fixa un mínimo de tres avales, polo que o respaldo con que parte Zulueta para a votación final fai prever un consenso ou, cando menos, unha elección por ampla maioría.

CONCHA PINO

16 mar 2002

A entrega do premio «Ramón Piñeiro» converteuse nunha homenaxe a Casares

O gañador desta primeira edición foi o pontevedrés Basilio Lourenço que recibiu onte en Compostela o galardón A entrega do galardón da primeira edición do Premio de Ensaio «Ramón Piñeiro» converteuse onte en Compostela nunha homenaxe ó pensador galeguista Ramón Piñeiro, falecido en 1990, e a Carlos Casares, que finou hai xustamente unha semana e que foi o promotor deste galardón convocado pola editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa. Casares suxeriu impulsar en Galicia o xénero ensaístico, que pensaba que estaba inxustamente esquecido. O gañador do certame, Basilio Lourenço Fondevila desexou que sirva para abrir un horizonte para poder falar en galego de temas do pensamento universais.

CONCHA PINO

13 mar 2002

A novela póstuma de Casares, «O sol do verán», aparecerá en abril

O escritor deixou corrixida e lista para editar unha historia de amor narrada por unha muller Nos primeiros días de abril estará nas librerías a novela póstuma de Carlos Casares, «O sol do verán», editada por Galaxia na colección Literaria. O escritor, falecido o pasado día 9, deixou corrixidas as probas e o manuscrito entra hoxe mesmo no prelo. Ó longo de 240 páxinas, Casares conta unha historia de amor e morte narrada en primeira persoa por unha muller, que vai rememorando a vida que compartiu cun home a partires do seu suicidio. Os veráns na aldea son o punto de inflexión desas vivencias.

CONCHA PINO

12 mar 2002

CARLOS

JUAN J. MORALEJO

09 mar 2002

Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega

Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».

JORGE LAMAS

09 mar 2002

Aire fresco no Consello da Cultura

Casares foi elixido como terceiro presidente deste organismo autónomo en outubro de 1996 e reelixido no 2000 Con el entrou aire fresco no Consello da Cultura Galega. Carlos Casares foi o terceiro presidente deste organismo autónomo, elixido en 1996 trala morte de Filgueira Valverde, que á súa vez tomara o relevo de Ramón Piñeiro, e reelixido en decembro do 2000. Á fronte desta institución demostrou, unha vez máis, o seu talante conciliador e dialogante e a súa visión positiva para resolver situacións comprometidas. Home curioso e ávido de estar ó día, falaba con entusismo do Portal en Internet do Consello e de que unha gran parte das 350.000 visitas que recibiu o pasado ano foron galegos que están fóra.

C. P.

09 mar 2002

Coa morte de Casares Galicia perde unha porta aberta ás literaturas do mundo

No seu labor como editor compaxinou a recuperación dos clásicos co apoio ós novos autores A penas pasaron dúas semanas. Aquel día, na súa casa de Vilariño, mentres o sol marchaba máis alá dos montes camiño do Atlántico, Casares reflexionaba en sobre o futuro das letras de Galicia, e falaba con esperanza. El, que era unha porta aberta a tódalas literaturas do mundo, que amaba tanto os libros e que sabía que a alma tamén habita nas palabras, confiaba nos autores novos. Dicía que os manuscritos que lle chegaban ás mans demostraban que o galego é, coma un tesouro, unha grande lingua literaria.

RAMÓN LOUREIRO

05 mar 2002

La Voz entrega a «Filosofía da saudade»

Ramón Piñeiro buscou no fondo da alma ás razóns dun sentimento de marca na identidade galega A saudade é un sentimento que nace de vivir á beira do abismo que se abre entre ás dúas identidades que aniñan nos recunchos da personalidade, asegura o antropólgo Manuel Mandianes. Ë fondo da alma dos galegos mirou Ramón Piñeiro para escribir e falar da saudade, unhas razóns, argumentos é explicacións recollidas no libro «Filosofía da saudade» que La Voz de Galicia entrega mañá polo prezo dun euro, máis o custo do xornal. A obra recopila varios textos soltos do ilustre galeguista.

REDACCIÓN

03 mar 2002

«Filosofía da saudade» , a obra que elevou a saudade a rango metafísico

O libro de Ramón Piñeiro entra a formar parte da Biblioteca Galega 120 Para os de fóra os estados emocionais que definen pobos e diferencian culturas funxen de ordinario como marcas que designan un carácter e orientan as posibles conductas. Pero coa función nace o perigo. LECTURAS CUALIFICADAS

ANDRÉS TORRES QUEIRUGA, teólogo e amigo persoal de Ramón Piñeiro

03 mar 2002

CULTURALISMO

MANUEL AYÁN, membro da aula Castelao de filosofía