28 feb 2002
Achegarse á historia da música tradicional galega
O conservatorio lalinense acolle cursos de violín, oboe e piano O Conservatorio de Folque de Lalín organiza un novo curso monográfico que está adicado, nesta ocasión, á historia da música tradicional galega entre 1850 e o 2000. O curso que comeza hoxe terá continuidade ó longo de tódolos venres deste mes en horario de 17 a 19 horas. As clases serán impartidas polo músico e historiador Ramón Piñeiro. Por outra banda, o músico Kim Fariña inicia hoxe un curso de violín e ás dez da mañán comeza un masterclass de piano.
AMELIA FERREIROA