Ramón Piñeiro buscou no fondo da alma ás razóns dun sentimento de marca na identidade galega A saudade é un sentimento que nace de vivir á beira do abismo que se abre entre ás dúas identidades que aniñan nos recunchos da personalidade, asegura o antropólgo Manuel Mandianes. Ë fondo da alma dos galegos mirou Ramón Piñeiro para escribir e falar da saudade, unhas razóns, argumentos é explicacións recollidas no libro «Filosofía da saudade» que La Voz de Galicia entrega mañá polo prezo dun euro, máis o custo do xornal. A obra recopila varios textos soltos do ilustre galeguista.
05 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.O libro de Ramón Piñeiro reúne catro traballos que, pola importancia que o tema da saudade ten no mundo cultural galego e mais no portugués, pódense considerar como unha achega galega ó estudio da súa significación filosófica. Precisamente o primeiro Congreso Nacional de Filosofía, celebrado en Braga en 1955, mandou Piñeiro o texto que leva por título A filosofía e o home , no que xa fala da saudade. Antes desa data xa dera a coñecer dous traballos sobre o tema, un no primeiro número da Colección Grial que chamou Significado metafísico da saudade , e outro o titulado Para unha filosofía da saudade. O cuarto traballo de Ramón Piñeiro que aparece no libro é Saudade e sociedade, dimensión do home , o texto dunha conferencia que o intelectual galeguista pronunciou na Aula de Cultura de Vigo.