TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

10 feb 2002

A Biblioteca 120 recupera as mellores cantigas da poesía popular galega

Son textos que ían de boca en boca e durante moitos anos foron a única literatura posible. Estes poemas e cantigas teñen en común a vida das xentes. Recuperados por Domingo Blanco, ocupan o seu lugar no libro 'Poesía popular galega'.

ARMANDO REQUEIXO, profesor na Universidade de Santiago

05 feb 2002

O teatro épico da obra «Zardigot», de Euloxio Ruibal, entra na Biblioteca 120

De título enigmático, 'Zardigot' significa o nacemento do teatro galego actual. A peza de Ruibal recibiu o primeiro premio Abrente, iniciando a brillante etapa do Novo Teatro Galego, representado polas pezas de Manuel Lourenzo, Vidal Bolaño ou Bernardino Graña tamén galardonados co Abrente. Lecturas cualificadas:

CHEMA PAZ GAGO, director do Máster de Estudios Teatrais da Coruña.

27 ene 2002

AS VOLTAS DUN LIBRO

XOSÉ RAMÓN PENA, catedrático de Lingua e Literatura Galega

20 ene 2002

«Crime en Compostela», un libro con sabor a alcohol de garrafa

La Voz de Galicia entrega a novela coa que Carlos G. Reigosa estreou o xénero policial en galego Revisitar o libro que iniciou o traxectoria do Premio Xerais de novela é coma atoparse na rúa cun vello amigo a quen non vemos dende hai anos e descubrir con asombro que segue ancorado nas súas esmorgas clandestinas, tan farruco coma o primeiro día. Crime en Compostela é así, cómplice, accesible e con sabor a alcohol de garrafa. Lecturas cualificadas

DANIEL LOCÁN, redactor do Diario Cultural da Radio Galega

15 ene 2002

«A esmorga», unha obra fundamental da literatura galega

CONCHA COSTAS, presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística Todos os manuais e estudios críticos da nosa literatura definen A esmorga , de Eduardo Blanco Amor, como un clásico indiscutible e unha obra fundamental na historia da literatura galega. Lecturas cualificadas

13 ene 2002

UNHA IDADE ÁUREA

CÉSAR MORÁN, cantautor o autor da escolma desta antoloxía da lírica medieval

08 ene 2002

«A literatura galega invita a voar»

Manuel Rivas, autor de «¿Que me queres, amor?» A súplica do trobador medieval Fernando Esquío da título a un dos libros máis coñecidos de Manuel Rivas, que se entrega mañá na Biblioteca 120 de La Voz de Galicia. O escritor cre que unha boa colección de libros é imprescindible en todo fogar e defende os beneficios da literatura, a que fai voar, así como os dunha lingua propia, vista como un gran recurso. A cultura é decisiva no futuro dun país, conclúe. Un vento de inverno trae a noite sobre o porto de Sada. Manuel Rivas pescaba aquí de cativo. Chega á entrevista vestido de negro, cun libro de Chèjov baixo o brazo e un reloxo no pulso esquerdo coas siluetas dos Beatles.

XESÚS FRAGA

08 ene 2002

'¿Que me queres, amor?', é xa un clásico da literatura galega.

A crítica fala destes relatos como un compendio de formas que proxectan o mellor da condición humana Foi Premio Nacional de Narrativa e acadou o Torrente Ballester. O cine púxolle cara ó neno Pardal e ó mestre, don Gregorio, que falaba da lingua das bolboretas. Todo isto está en «¿Que me queres amor?». Lecturas cualificadas

DOLORES VILAVEDRA, crítica e profesora da Universidade de Santiago

07 ene 2002

A Biblioteca Galega 120 xa está na rúa

A calidade da edición dos 70.000 exemplares de «Follas novas» e «Sempre en Galiza» sorprende os lectores Esta información ten pouco interese para vostede, lector de La Voz de Galicia. Explícolle. Se onte mercou un dos 70.000 volumes de «Follas novas», de Rosalía de Castro, postos na rúa por La Voz, recibiría como agasallo «Sempre en Galiza» (I) e xa sabe que ten dúas xoias da literatura galega. Ademais, seguro que está sorprendido, como moitos, da calidade da encadernación e da edición dos libros. Se vostede é dos que non ten estes dous libros, pensará que este texto non vai con vostede. Dese xeito non terá forma de decatarse de que a Biblioteca 120 é como esas raras xoias literarias que un atopa cando rebusca por unha librería de vello.

R. GARCÍA