A Biblioteca Galega 120 xa está na rúa

R. GARCÍA A CORUÑA

TELEVISIÓN

ÓSCAR VÁZQUEZ

A calidade da edición dos 70.000 exemplares de «Follas novas» e «Sempre en Galiza» sorprende os lectores Esta información ten pouco interese para vostede, lector de La Voz de Galicia. Explícolle. Se onte mercou un dos 70.000 volumes de «Follas novas», de Rosalía de Castro, postos na rúa por La Voz, recibiría como agasallo «Sempre en Galiza» (I) e xa sabe que ten dúas xoias da literatura galega. Ademais, seguro que está sorprendido, como moitos, da calidade da encadernación e da edición dos libros. Se vostede é dos que non ten estes dous libros, pensará que este texto non vai con vostede. Dese xeito non terá forma de decatarse de que a Biblioteca 120 é como esas raras xoias literarias que un atopa cando rebusca por unha librería de vello.

07 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

«¿Pero eses son os libros da Voz? A ver, déixamos un momentiño». Era onte a sorpresa dun lector, afeito a ser bombardeado por ofertas de cousas marabillosas que á hora da verdade non o son tanto. No caso da Biblioteca Galega 120 parece pasar ó revés: hai que ter nas mans os libros e escoitar por segunda vez que só custan un euro, máis o prezo do xornal, para convencerse de que nesta ocasión todo o que se diga e pouco para loubar esta iniciativa cultural. «A min a poesía non me gusta moito, pero vou mercar toda a colección porque é moi boa», dicía outro dos que xa empezou a reunir os 120 libros. A calidade da encadernación e o cuidado da edición son as dúas primeiras cousas que eloxian os lectores, que van desde o avó que pensa nos seus netos á hora de mercar os libros, ata o rapaz que apunta que varios dos títulos están entre os que lles aconsellan ler no instituto. Na xornada de onte, lectores de tódalas idades comenzaron a súa colección literaria.