La Voz entrega hoxe unha antoloxía que recolle o mellor da que está considerada a idade de ouro da literatura galega
14 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.«Non ha mucho tiempo qualesquier decidores e trovadores destas partes, agora fuessen castellanos, andaluces o de la Extremadura, todas sus obras componían en lengua gallega o portuguesa». Iso dicía o Marqués de Santillana no século XV, tal e como recolle César Morán nos comentarios que fixo para a Antoloxía da lírica medieval. Tamén conta Morán que o recollido neste volume «trátase dunha lírica que engaiola pola súa forza emotiva, ás veces logrando o difícil empeño de fascinar, acadando o profundo mediante as formas máis simples, outras veces na complexidade léxica e sintáctica onde se agacha a coita de amor, e outras na mestura de elementos ou na literaturización dos recursos máis expresivos da linguaxe en movemento». O libro leva unha pequena biografía de cada autor.