«Crime en Compostela», un libro con sabor a alcohol de garrafa

DANIEL LOCÁN, redactor do Diario Cultural da Radio Galega

TELEVISIÓN

XURXO LOBATO

La Voz de Galicia entrega a novela coa que Carlos G. Reigosa estreou o xénero policial en galego Revisitar o libro que iniciou o traxectoria do Premio Xerais de novela é coma atoparse na rúa cun vello amigo a quen non vemos dende hai anos e descubrir con asombro que segue ancorado nas súas esmorgas clandestinas, tan farruco coma o primeiro día. Crime en Compostela é así, cómplice, accesible e con sabor a alcohol de garrafa. Lecturas cualificadas

20 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Gañou o seu espacio na historia da literatura galega gracias ó carimbo de obra inaugural do xénero detectivesco, gozando ademais no seu momento dunha moi boa acollida popular, mesmo entre lectores e lectoras que non acostumaban ler na nosa lingua e se sentiron atraídos por un modelo xa coñecido, trazado esta vez dende a realidade do país. Ambientes canallas Porque Santiago respira(se) en cada unha das páxinas desta fábula urbana de caligrafía áspera, a xeito de uppercut, na que a intriga ofrécese amalgamada coa pedra case orgánica dunha cidade monumental que demanda gran parte do protagonismo. Novela policíaca, guía histórica ou se cadra tan só retrato de certos ambientes canallas esgrimindo como escusa misterios por desvelar. Tanto ten, ó final pervive en nós a ollada escéptica de Nivardo Castro, ese trasunto doméstico de Spade ou Marlowe que despois recuncaría noutros textos de Carlos González Reigosa. E é que algunhas personaxes desa caste deciden ter vida propia e a noite menos pensada podes cruzarte de novo con eles nun antro calquera dunha cidade chamada Compostela.