O detective de Reigosa

La Voz

TELEVISIÓN

O MARTES, «CRIME EN COMPOSTELA»

16 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A novela que inaugurou no seu momento o xénero policial dentro da literatura galega, Crime en Compostela, é outro dos títulos incluídos na Biblioteca Galega 120. Esta obra, galardoada en 1984 co premio Xerais de novela e que tamén foi traducida ó castelán, constituiu no seu día un éxito de vendas e supuxo a aparición do singular investigador privado Nivardo Castro, que logo reaparecería noutras obras posteriores do mesmo escritor lucense. A historia que conta Carlos González Reigosa fascinou a centos de lectores que quedaron enganchados no relato dun asasinato ocorrido en Compostela e que ten que ser resolto por Nivardo Castro; para ese traballo conta coa inestimable axuda de Carlos Conde, un xornalista ó que o autor identificou no seu día con alguén real, da mesma profesión, como é Perfecto Conde.