TEMA Letras Galegas 2014

Últimos artículos publicados

16 may 2001

A música constitúe o prato forte das propostas na semana das letras galegas

O Concello homenaxea ó autor do «Diccionario enciclopédico gallego-castellano» Co gallo do Día das Letras Galegas, o Concello de Lugo programou unha serie de actos para honra-la figura de Eladio Rodríguez González. Ademais da lectura de textos de autores galegos, da inauguración dunha exposición e da distribución de libros sobre o autor homenaxeado e da «carreira pola lingua» -actividades xa celebradas-, para o resto desta semana están previstas varias celebracións, nas que a música terá un protagonismo especial. Entre as actuacións destaca o concerto de Mercedes Peón.

REDACCIÓN

16 may 2001

Cos pés no chan e a lingua na gorxa

Uns 800 rapaces fixeron en Ribeira unha marcha en defensa do idioma e os institutos de Noia entregaron os premios do certame literario Uns 800 rapaces dos tres institutos de Ribeira: Coroso, Leliadoura e Número Un, protagonizaron onte unha marcha non competitiva para amosa-lo que despois deixarían patente nun manifesto leído no palco da música: «O futuro é noso, nós somos o futuro, e no futuro a lingua permanecerá nas nosas gorxas e no noso pensamento».

REDACCIÓN

16 may 2001

Máis de 600 estudiantes participan na carreira polo Día das Letras Galegas

NACHORTAS O número de corredores superou con creces a asistencia prevista pola organización do evento Entre 300 e 400. Esa era a cifra de corredores que calculaban os organizadores da doceava carreira polas Letras Galegas. Pero o índice de participación superou con creces o previsto, xa que máis de 600 estudiantes de Vilagarcía e Valga se sumaron a esta actividade deportiva. Tra-lo percorrido de rigor, e despóis de sua-la camiseta como é debido, pequenos, medianos e maiores recibiron os seus trofeos. Eso os gañadores, e para os que o importante foi participar sorteáronse numerosos premios.

16 may 2001

A exaltación da lingua

A xornada inclúe a feria do libro na Ferrería, unha festa na Leña e un recital poético en O Burgo O goberno local entende que a exaltación do galego debe facerse -e así di que o fai- durante todo o ano. Por eso nesta data o BNG non convoca ningún acto oficial en defensa da lingua, pero sí apoia as distintas celebracións organizadas por colectivos locais no Día das Letras Galegas. A cidade e a comarca exaltan o galego con certames literarios, festas, actuacións musicais e teatrais e incluso cun maratón de lectura da Biblia en galego. En Pontevedra os libreiros voltarán a sacar as novedades literarias á rúa, concretamente á Praza da Ferrería. Varios escritores e debuxantes acudirán á cita para asinar as súas obras.

REDACCIÓN

16 may 2001

Longa vida ás letras galegas

A poetisa Xela Arias reivindicou no bando do Concello «máis palabras que nos fagan donos de nós» A poetisa e traductora Xela Arias reclamou onte na Casa Galega de Cultura «máis palabras que nos aseguren donos de nós» e desexou «longa vida ás letras galegas» na lectura do bando do Concello que conmemora a festividade de hoxe. Pola súa banda, o alcalde, Lois Pérez Castrillo, animou a preservar o «inmenso tesouro» que constitúe ter lingua propia.

REDACCIÓN

16 may 2001

Un romance no reino da farsa

Sarabela Teatro puxo en escea na casa de cultura unha das obras do escritor Eduardo Blanco Amor «Romance de Micomicón e Adelaha», un título creado por Eduardo Blanco Amor que chegou onte á casa de cultura de Vilagarcía da man de Sarabela Teatro. Os laureles das Letras Galegas non son só para o homenaxeado, Eladio Rodríguez, senon para tódolos literatos e para a propia lingua. O público vilagarcián puido disfrutar dunha farsa baixo do telón, habitada por personaxes desquiciados e polo máis tenro do ser humán. Todo saído da pluma deste escritor, a quen o Concello lle adicará un premio de novela.

16 may 2001

Galicia dá lustre hoxe ás súas letras

A FESTA DA PALABRA / A Real Academia Galega reúnese en sesión pública no mosteiro de San Clodio para homenaxear a Eladio Rodríguez «Esta semana xa sabes: poña un escritor na súa mesa», ironiza unha autora galega explicando o feixe de peticións recibidas para participar en todo tipo de institucións falando do Día das Letras Galegas. Galicia quere hoxe darlle lustre ás súas letras, unha xornada na que o mediodía terá lugar o acto central da celebración no mosteiro de San Clodio, en Ourense. Alí, os membros da Academia participarán nunha sesión extraordinaria pública para homenaxear a Eladio Rodríguez González. Case á mesma hora, na alameda de Compostela terá lugar unha manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema «O galego no ensino, materia pendente». No resto de Galicia o número de actos son incontables.

RODRI GARCÍA

15 may 2001

«A tradición oral estase a perder»

YOLANDA GARCÍA A ENTREVISTA Carme Cociña, coordinadora do libro «Códice de soños», que recolle lendas e cantigas da Mariña «Códice de soños» é o suxerente título dun libro que pretende gardar do tempo e do olvido algúns bos exemplos da tradición oral da Mariña a través da memoria dos máis maiores. A súa autoría é colectiva. Nada menos que un cento de estudiantes do IES Monte Castelo (Burela) levaron a cabo esta recompilación coordinados pola profesora de Lingua e Literatura Galega deste centro educativo, Carme Cociña. Ela lamenta, precisamente, a perda progresiva deste tesouro popular, fenómeno extensible á Mariña.

15 may 2001

A defensa do galego amósase na rúa

Alumnos de colexios e institutos de Ribeira organizan carreiras populares e non competitivas en defensa da nosa lingua Os alumnos do colexio O Grupo de Ribeira participaron onte nunha carreira en defensa da lingua vernácula, un acto simbólico e non competitivo que hoxe repetirán uns 800 rapaces dos tres institutos do municipio. En Pobra inaugurouse unha exposición na que se lembra a tódolos escritores homenaxeados o Día das Letras Galegas, mentres que en Boiro proxéctase a película de Patricia Ferreira «Sei quen es». Pola súa banda, os estudiantes do Virxe do Mar de Noia continúan cas actividades da Semana Cultural. Tódolos centros prepararon programas especiais e algúns, como A Milagrosa, danlle protagonismo ó mar.

REDACCIÓN