Uns 800 rapaces fixeron en Ribeira unha marcha en defensa do idioma e os institutos de Noia entregaron os premios do certame literario Uns 800 rapaces dos tres institutos de Ribeira: Coroso, Leliadoura e Número Un, protagonizaron onte unha marcha non competitiva para amosa-lo que despois deixarían patente nun manifesto leído no palco da música: «O futuro é noso, nós somos o futuro, e no futuro a lingua permanecerá nas nosas gorxas e no noso pensamento».
16 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Mentres, os dous institutos de Noia: Virxe do Mar e Campo de San Alberto, entregaron os premios do concurso literario que organizaron co gallo do Día das Letras Galegas. Carlos Pérez, Minia Mariño, Adriana Pérez, Miguel Conde, Beatriz Caamaño, Verónica Núñez, Enrique Picón e Aurora Peón recibiron os seus galardóns. En Muros houbo que suspender unha carreira pola lingua, organizada polo Fontexería, debido ó mal tempo. Sen embargo, os seus alumnos amosaron o seu saber nun torneo aberto de xadrez, organizado polo centro As Insuas. Pola súa parte, a Federación de Empresarios do Barbanza, que realiza distintas actividades para aumentar o uso social da lingua vernácula, fixo público o seu apoio o idioma e á cultura galega.