TEMA Letras Galegas 2014

Últimos artículos publicados

17 may 2001

XOSEFINA

MARÍA JOSÉ CASTRO LÓPEZ PLAZA PÚBLICA

17 may 2001

As verbas lévaas o teatro

Os barbanzanos celebraron o Día das Letras Galegas con numerosas actividades nas que os rapaces foron os protagonistas Charlas, contacontos, marchas en favor da lingua e, sobre todo, teatro foron as actividades que os colexios e asociacións da área barbanzana escolleron para celebrar onte o Día das Letras Galegas, unha xornada que tivo os seus prolegómenos dende os primeiros días deste mes de maio. No municipio de Pobra, os rapaces do Salustiano Rey Eiras emularon ós mellores artistas de teatro para poñer en escena a obra «Lindaflor», unha peza interpretada por dez alumnos, de 6 a 11 anos, dirixidos polo ribeirense Domingo Armental. Por se alguén se perdeu este divertido traballo, hoxe voltarán a subir ás táboas no centro.

A. HEVIA

17 may 2001

A letra con música entra

A FESTA DA LINGUA Os veciños de Vigo celebraron o 17 de maio con poesía, baile e cancións galegas A xornada festiva das Letras Galegas viviuse onte en Vigo ca ledicia do bo tempo, con paseos polas praias e tamén con actos recordatorios da data. Na praza da Princesa, os veciños do Casco Vello organizaron un certame de poesía con banda sonora de gaitas na que participaron decenas de rapaces, algúns lendo textos dos escritores máis coñecidos da lingua galega e outros atrevéndose con versos orixinais. Mentras, en Valadares, os maiores aplicáronse no baile.

REDACCIÓN

17 may 2001

Os concellos da comarca asumen cada vez máis o papel de dinamizadores culturais

FESTA DA PALABRA A maior parte das actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas tiveron carácter institucional A celebración do Día das Letras Galegas ten cada vez un carácter máis institucional e menos reivindicativo, e iso reflictese nos programas de actividades que se desenvolven cada 17 de maio. Atrás quedaron os anos nos que se convocaban concursos literarios por ducias en tódolos concellos da zona, nos que non había centro educativo que non tivera a súa propia publicación conmemorativa nin asociación cultural que non organizase, como mínimo, unha exhibición folclórica. Algunhas destas actividades sobreviviron, pero perderon forza en favor doutras opcións moito máis lúdicas e que chegan, na maioría dos casos, da man dos concellos.

C.A.M.

17 may 2001

O día dos autores locais

Luís Rei e Vázquez Pintor foron os escritores mais solicitados nunha xornada marcada polas reivindicacións da lingua galega na comarca Foi a festa da literatura galega. A feria do libro que onte se desenrolou na Ferrería serviu este ano para promocionar os autores afincados en Pontevedra.

REDACCIÓN

17 may 2001

Domínguez inaugura la alameda de Dena descubriendo una escultura de Guada

El nuevo recinto ocupa 2.500 metros en los que se han instalado zonas ajardinadas y un aparcamiento El Concello de Meaño ha aprovechado la jornada festiva de ayer para realizar los actos de inauguración de la nueva alameda de Dena, habilitada por el organismo municipal durante los últimos meses. De este modo, la apertura solemne de este entorno pudo contar con la participación de grupos folclóricos e incluso con la representación de una obra de teatro al aire libre. Durante la ceremonia se procedió también a la entrega de premios del Día das Letras Galegas a los escolares del municipio de Enseñanza Primaria y Secundaria que habían resultado galardonados en los concursos convocados con motivo de esta festividad.

17 may 2001

A festa do idioma levouse ás rúas

NACHORTAS No Grove houbo actividades para nenos, en Cambados música e Catoira optou polo deporte O sol axudou a que o Día das Letras Galegas se vivira nas rúas. Uns recorreron Catoira en bicicleta, en Cambados houbo música a pleno sol e no Grove tiveron oportunidade de ollar libros na Praza da Arriba do Grove. Na vila meca foi donde houbo unha maior oferta de actividades, sobre todo para os cativos que tiveron a oportunidade de escoitar contos, facer debuxos no chan e xogar con globos. No posto de libros as ventas tiñan onte un dez por cento de desconto, con agasallo incluído. Catro nenos resultaron premiados no concurso de relato curto e debuxo organizado pola asociación Roza do Pedrol.

17 may 2001

Música e lingua unidas por un día

A Praza Maior acolleu un concerto da Banda Municipal e un Festival de Danza Con música e bailes populares festexou Lugo o Día das Letras Galegas. Á unha e media da tarde déronse cita na Praza Maior centos de nenos para participar no Festival de Danza, convocado polo Concello. Os traxes rexionais e a música tradicional encheron o casco histórico, unha hora despois de que a Banda Municipal ofrecera un concerto no templete. Da man do colectivo cultural Alto Minho celebrouse pola tarde unha lectura popular da obra «Cantares Gallegos», da que é autora a poetisa Rosalía de Castro.

REDACCIÓN

17 may 2001

Hondo pesar en Ribadeo por la muerte de Hernán Naval

El director de la banda sinfónica y la escuela municipal de música tenía 38 años Con sorpresa y profunda consternación acogieron ayer los ribadenses la noticia de la muerte de Hernán Naval Parapar, de forma repentina, a los 38 años. Naval, artífice de la banda sinfónica y de la escuela municipal de música, falleció cuando su labor profesional se encontraba en plenitud, con proyectos en marcha como la grabación de dos compactos y una decena de conciertos de la banda.

17 may 2001

Carballo nunca descansa en jueves

La coincidencia de días festivos con el mercado semanal obliga a mantener la actividad comercial habitual

REDACCIÓN

17 may 2001

San Clodio recoñece a Eladio Rodríguez

A FESTA DA FALA O manifesto do Partido Popular en defensa da lingua provocou o rechazo do PSOE e BNG ó consideralo hipócrita e oportunista Eladio Rodríguez recibiu onte na terra que o veu nacer a homenaxe conxunta dos membros da Real Academia Galega, dos seus familiares, e dos veciños de Ribadavia que viviron as vintecatro horas do Día das Letras Galegas lendo, sen interrupción, parte da obra dun escritor moi vencellado á comarca do Ribeiro. Na sesión extraordinaria da Academia interviron Xesús Alonso Montero, García Bodaño, Antón Santamarina e Fernández del Riego. Todos eles loubaron a traxectoria literaria de Eladio Rodríguez, unha hora antes de que o Partido Popular celebrase a cen metros un acto que provocou a polémica nos partidos da oposición.

EMMA ARAÚJO / M. CHEDA

17 may 2001

O sol tira da lingua

A FESTA DA PALABRA O bo tempo favorece a masiva participación dos composteláns nos actos conmemorativos do Días das Letras Galegas O sol e a calor favoreceron onte a participación masiva dos composteláns nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas. Durante boa parte da tarde, a temperatura en Santiago non baixou dos dezanove graos centígrados, segundo datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía. Así as cousas, milleiros de cidadáns saíron ás rúas para tomar parte nalgunha das doce citas que promoveran asociacións de veciños, empresas, agrupacións sectoriais e colectivos culturais de Santiago. A máis concorrida -3.000 persoas berrando- foi a manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

M. CHEDA