Luís Rei e Vázquez Pintor foron os escritores mais solicitados nunha xornada marcada polas reivindicacións da lingua galega na comarca Foi a festa da literatura galega. A feria do libro que onte se desenrolou na Ferrería serviu este ano para promocionar os autores afincados en Pontevedra.
17 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Así, tanto Luis Rei como Xosé Vázquez Pintor, escritores que asinaron as súas obras na feria, foron os máis solicitados polo público que se acercou ó paseo de Antonio Odriozola, aínda que tamén se reclamaron as obras doutros autores galegos como Manuel Rivas, Suso de Toro ou Castelao. A nova revista de cómic BD Banda, coordinada por Kiko Da Silva, tuvo na feria o seu punto de lanzamento comercial. Non se venderon tanto as obras do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Eladio Rodríguez, pero quenes sí se acordou do lexicógrafo foron as asociacións Sociocultural do Burgo e Santiago Peregrino, que lle brindaron unha alfombra floral e un recital poético na rúa Manuel Murguía. Outros actos Pero a xornada deparou múltiples actos na cidade do Lérez e a súa comarca. Así, na concurrida Praza da Leña a asociación Ene-Agá organizou unha Festa da Lingua, con actuacións musicais, contacontos para nenos e teatro. En Bueu, o día tivo carácter reivindicativo. A Plataforma en Defensa do Ensino animou ós veciños a colocar crespóns negros nas bandeiras galegas que colgaban dos seus balcóns. Reclaman á Consellería de Educación a implantación do Bacharelato tecnolóxico. O colectivo levou a súa protesta tamén á romaría organizada pola Asociación do Progreso en Sanamedio. Alí, un portavoz leu un comunicado esixindo á Xunta que preste atención as súas demandas. Tamén en Pontevedra houbo reivindicacións. Un cartel co lema «rúa Galicia Livre» foi colgado por encima do da rúa Salvador Moreno que está colocado no edificio da Audiencia.