NACHORTAS No Grove houbo actividades para nenos, en Cambados música e Catoira optou polo deporte O sol axudou a que o Día das Letras Galegas se vivira nas rúas. Uns recorreron Catoira en bicicleta, en Cambados houbo música a pleno sol e no Grove tiveron oportunidade de ollar libros na Praza da Arriba do Grove. Na vila meca foi donde houbo unha maior oferta de actividades, sobre todo para os cativos que tiveron a oportunidade de escoitar contos, facer debuxos no chan e xogar con globos. No posto de libros as ventas tiñan onte un dez por cento de desconto, con agasallo incluído. Catro nenos resultaron premiados no concurso de relato curto e debuxo organizado pola asociación Roza do Pedrol.
17 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.REDACCION VILAGARCIA Para os nenos do Grove onte foi día de festa por doble motivo. Non tiñan escola pero ademais puideron disfrutar de moitas actividades. A asociación Érguete elixiú a rúa Pratería como lugar de encontro. Alí os nenos tiveron a oportunidade de debuxar no chan, escoitar un contacontos, xogar con globos e facerse con libros. Uns metros máis alá, na Praza de Arriba, tamén había xogos e actividades, neste caso organizados polos monitores do Concello. Ó mediodía fíxose entrega dos premios dos concursos de narración curta e debuxo organizados pola Asociación Cultural Roza do Pedrol. No relato gañaron Alba Álvarez Sanmartín e Alexandre Cabaleiro González, ámbolos dous de 10 anos. En debuxo, Juan Manuel Pérez Soutullo, de 12 anos, e Alfonso Varela Santalla, de 10. Na praza de Arriba tamén se montou un posto de libros por conta de libreiros da vila, no que se podía atopar, sobre todo, literatura infantil e xuvenil. Os exemplares tiñan onte un dez por cento de desconto. En Cambados As Letras festexáronse con música. Na madrugada de onte foi Xoán Silva na Pera e ó mediodía foi a Coral de Cambados e a banda de Castrelo as que actuaron na Praza de Alfredo Brañas.