Festa da lingua nos institutos

La Voz

LUGO

Os centros de ensino tamén se suman ás celebracións do Día das Letras Galegas. No IES Nosa Señora dos Ollos Grandes terá lugar unha sesión de contacontos a cargo do grupo Cozorellos ó saco. Será mañá ás 13.15 horas. O día 22 á mesma hora, Bernardo García Cendán pronunciará a conferencia «O desencontro da lingua galega coa Igrexa». O IES As Mercedes programou varias actividades para mañá: ás 10.30, conferencia de Primitivo Iglesias sobre «A importancia da lexicografía no proceso de Normalización Lingüística»; ás 11.15, exposición de carteis sobre Eladio Rodríguez; ás 11.30, recital de música dos alumnos; ás 12.00, entrega de premios do concurso de marcadores de páxinas; ás 12.10, contacontos por parte de Esmeralda Quiroga e Eva Cabe e as 13.00 horas, actividades lúdico-deportivas a cargo do grupo Bugallo. No Colexio Galén, mañá haberá contacontos a cargo de Ana Carreira; o luns terá lugar un recital de Pilocha; o mércores, haberá contacontos de Sabela e para o venres, día 25, están previstos os diálogos con Bernardino Graña. As actividades previstas para mañá polo Colexio Fingoi son: representación da obra de teatro Conta Eladio, ás 12.00 no Centro Sociocultural, e recital de poesía ás 15.00 horas na sala de usos múltiples do Colexio. Os actos finalizan coa Cántiga de Pondal.