A poetisa Xela Arias reivindicou no bando do Concello «máis palabras que nos fagan donos de nós» A poetisa e traductora Xela Arias reclamou onte na Casa Galega de Cultura «máis palabras que nos aseguren donos de nós» e desexou «longa vida ás letras galegas» na lectura do bando do Concello que conmemora a festividade de hoxe. Pola súa banda, o alcalde, Lois Pérez Castrillo, animou a preservar o «inmenso tesouro» que constitúe ter lingua propia.
16 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.O tradicional bando das Letras Galegas lembrou que «a nosa é unha lingua de encontro» que foi empregada por «reis e trovadores» e por «campesiños e mariñeiros». A poetisa animou ós vigueses a «recoñecela voz dos nosos pais» para «facérmonos donos do seu uso» e reclamou máis palabras galegas «porque o nomealas sómonos» e porque «fannos independientes». Tamén o alcalde sinalou que o galego, «froito dunha historia e unha cultura diferenciada que nos dota de personalidade» é «a lingua que nos fai libres». Castrillo lembrou, asimesmo, ó ourensán Eladio Rodríguez, a quen se adica o Día das Letras Galegas deste ano, e destacou o seu «compromiso vital» con Galicia. Por outra parte, lamentou que os xornais so incorporen a lingua galega en datas como hoxe e reivindicou «accións directas» para evitar «que as novas xeracións perdan unha herdanza que superou séculos de acoso». O acto de onte asistiron numerosos concelleiros -os nacionalistas eran maioría-, ademais de representantes veciñais, da xudicatura ou do corpo nacional de Policía.