A xornada inclúe a feria do libro na Ferrería, unha festa na Leña e un recital poético en O Burgo O goberno local entende que a exaltación do galego debe facerse -e así di que o fai- durante todo o ano. Por eso nesta data o BNG non convoca ningún acto oficial en defensa da lingua, pero sí apoia as distintas celebracións organizadas por colectivos locais no Día das Letras Galegas. A cidade e a comarca exaltan o galego con certames literarios, festas, actuacións musicais e teatrais e incluso cun maratón de lectura da Biblia en galego. En Pontevedra os libreiros voltarán a sacar as novedades literarias á rúa, concretamente á Praza da Ferrería. Varios escritores e debuxantes acudirán á cita para asinar as súas obras.
16 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Feria do libro na Ferrería. Os escritores Luis Rei e Xosé Vázquez Pintor asinarán exemplares das súas obras de doce a dúas pola mañá na Feria do Libro na Ferrería. Pola tarde, presentarase a revista BD Banda, de banda deseñada, en horario de cinco e media a oito e media. A Asociación de Libreiros de Pontevedra fará un desconto do 10% no prezo dos libros e ademais agasallará ós lectores co exemplar Escolma Día das Letras Galegas (1963-2001) pola compra dun texto. Festa da lingua. A Asociación Ene-Agá organizou unha festa na Praza da Leña, que comezará a partires das once da mañá. Participarán os grupos Quinta Feira (folk), Batefolha (samba), Pavís Pavós (contacontos) e la compañía de tearo Hermes. Actos en O Burgo. As asociacións Sociocultural de O Burgo e Santiago Peregrino celebrarán hoxe un recital poético na rúa Manuel Murguía dende as cinco e media da tarde. A continuación, actuará a Banda Municipal de Música de Pontevedra. Estes colectivos organizaron tamén unha exposición de diccionarios na Biblioteca.