TEMA Letras Galegas 2014

Últimos artículos publicados

15 may 2001

Literatura por partida dobre

O instituto de Vimianzo festexou onte o Día das Letras Galegas e tamén o Día del Libro

MAICA SIMÓN

15 may 2001

A Mariña rindió homenaje a sus intelectuales y escritores ilustres

Viveiro y Foz descubrieron placas conmemorativas de Lois Tobío, Noriega y Vilar Ponte El nombre de Lois Tobío figura desde ayer en las placas colocadas en el centro de primaria de Viveiro, en sustitución de Noriega Varela y Pastor Díaz, que designaban los dos viejos colegios. El CEP adoptó esta denominación hace cerca de un año. La dirección ha aprovechado la cercanía de las Letras Galegas para homenajear al escritor y diplomático viveirense. El presidente del Seminario de Estudios Terra de Viveiro, Carlos Nuevo, y Luis Neira disertaron sobre la figura y la obra de Tobío. Foz recordó a Noriega y Vilar Ponte.

REDACCIÓN

15 may 2001

Os nenos rinden homenaxe a Eladio Rodríguez

Os colexios e institutos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes celebran hoxe e o próximo venres o Día das Letras Galegas Os colexios e institutos das comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes celebran durante esta semana o Día das Letras Galegas. A trixésimo quinta edición desta festa adícase este ano o escritor e xornalista, Eladio Rodríguez González. Aquí celebrarase dunha forma especial. Obras de teatro, recitais poéticos, festivais, exposicións, conferencias, visionado de vídeos, programas de radio e outras moitas actividades tiveron lugar nos últimos días. Pero no día de hoxe e o próximo venres celebraranse a maior parte dos actos en lembranza deste home que chegou a ser presidente da Real Academia Galega.

Ó. ALFEIRÁN / X. MELCHOR

15 may 2001

O programa das Letras de Carballo xira arredor do libro, da lectura e da música

O maratón «Dez horas lendo» é a actividade central, que terá lugar mañá no xardín da Praza do Concello O maratón de lectura «Dez horas lendo» é, un ano máis, a estrela do programa das Letras organizado polo Concello de Carballo. Esa cita terá lugar mañá no xardín municipal e a ela están invitados tódolos veciños do concello. Os actos, que comenzaron xa a principios deste mes, continuarán ata xuño, cando remate o ciclo de concertos de xóvenes intérpretes. Ademais da lectura e da música, o programa inclúe encontros con autores, currunchos literarios e un concurso infantil de pintura.

REDACCIÓN

15 may 2001

Unha carreira pola lingua

Ó redor de mil cativos empregaron a muralla para demandar un maior uso do galego A Carreira pola Lingua, unha iniciativa na que participan varios colectivos e concellos galegos, chegou onte a Lugo procedente de Pontevedra. Máis de mil nenos de 25 centros de ensino da comarca lucense festexaron a semana das letras galegas por medio dun paseo ó redor da muralla e coa asistencia a un concerto que reivindicou o emprego do galego. Esta carreira simbólica e popular finalizará hoxe en Santiago. Foi o acto máis multitudinario dos que se celebran polo Día das Letras Galegas.

REDACCIÓN

15 may 2001

Ourense celebrará o 17 de Maio con entrega de libros e un festival folclórico

FESTA DA PALABRA A presentación do traballo galardonado co premio Risco de Literatura fantástica será o próximo día 23 O Concello de Ourense conmemorará o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades que comezarán mañán e que se prolongarán ata o próximo día 27. O agasallo de libros en galego, un festival folclórico, a homenaxe a Antón Risco ou a presentación do libro galardoado co premio Risco de Literatura Fantástica son algunhas das actividades a desenrolar nos próximos días.

REDACCIÓN

15 may 2001

O García Barros de A Estrada expón a escribanía do autor nado en Leiro

O conxunto de seis pezas pódense ver nas vitrinas do centro gracias á mediación dun profesor Varias pezas dunha escribanía do século XIX pertencente a Eladio Rodríguez, autor nacido no Concello de Leiro ó que se adica o Día das Letras Galegas, están expostas nas vitrinas do IES García Barros de A Estrada. A intercesión dun profesor permitiu ós alumnos poder disfrutar das pezas que utilizaba o escritor no seu quefacer diario. Esta é unha das novidades máis salientables en A Estrada, onde o resto de centros educativos teñen organizadas varias actividades para conmemorar a xornada de mañá.

Ó. A. / R. G.

15 may 2001

Guillermo Rojo vencella as linguas minoritarias ás novas tecnoloxías

O académico presenta como meta que «se eu estou falando en galego poida escoitarme un señor en alemán» «Se xa é difícil explicarlle gramática á xente imaxínate como será cando hai que facelo a unha máquina», explica con ironía Guillermo Rojo, que onte falou na Coruña sobre «As linguas e as novas tecnoloxías». Rojo asegura que é necesario «investir algo en novas tecnoloxías, non moito, para que unha lingua como o galego non perda o tren» do seu futuro. No mesmo acto interveu Antón Santamarina, explicando os diccionarios históricos galegos en Cd-Rom «ou como gardar viños vellos en odres novos».

REDACCIÓN

14 may 2001

O CDG representa desde hoxe a súa montaxe «A cacatúa verde» en Ourense

O director Eduardo Alonso adica a peza ó seu bisavó, o poeta Eladio Rodríguez González O Teatro Principal de Ourense acolle desde hoxe, e os días 16 e 17, a última montaxe do Centro Dramático Galego, a obra «A cacatúa verde». Baseada nun orixinal do escritor austríaco Arthur Schnitzler (Viena, 1862-1931) a montaxe faise sobre un texto adaptado por Manuel Guede e Eduardo Alonso, que é o director deste espectáculo. A montaxe do CDG foi presentada onte na delegación de Cultura polo director, o xerente do IGAEM, Anibal Otero, o delegado de Cultura e a actriz Belén Constenla.

14 may 2001

Aplauso ós artífices da palabra

Os colexios, as casas de cultura e as asociacións da comarca vólcanse coa celebración Os concellos de Arousa sumérxenxe na semana das Letras Galegas. Teatro, música, ofrendas, exposicións... tódalas modalidades artísticas teñen cabida na homenaxe ós artífices da cultura. Moitos son os protagonitas nesta data, pero a estrela indiscutible é Eladio Rodríguez, a quen este ano se adica a celebración. Os centros escolares, as casas de cultura e as asociacións de toda a comarca non escatimaron en imaxinación para organizar os actos para conmemora-lo Día das Letras Galegas. Entre mañá e pasado, os concellos encheranse de palabras, sons e imaxes. Como eixo, a nosa lingua.

14 may 2001

Correos presentó en Santiago el sello de la serie «Arquitectura» dedicado a la iglesia de San Martiño

El timbre tendrá un valor postal de 40 pesetas y se pondrá en circulación este jueves con un matasellos especial del templo noiés El presidente de la Xunta presentó ayer en Santiago los sellos de la serie «Arquitectura», dedicados a la iglesia San Martiño de Noia y a la catedral de Tui, que pondrá en circulación la Dirección General de Correos y Telégrafos. Los timbres saldrán al mercado este jueves, con una tirada de 1.200.000 unidades cada uno. Durante el acto, Manuel Fraga señaló que Galicia es depositaria «dun tesouro espiritual e histórico que constitúe boa parte da esencia de Europa como civilización». El responsable del ejecutivo gallego aludió a la riqueza monumental de la Ruta Xacobea «xustamente destacada pola Unesco».

REDACCIÓN

14 may 2001

Antón Riveiro recibe el premio Álvaro Cunqueiro por su novela «Homónim@»

La ceremonia de entrega del galardón literario se celebró ayer en el Pazo de Castrelos El escritor ourensano Antón Riveiro Coello es el ganador de la quinta edición del premio de narrativa Álvaro Cunqueiro, que convocan conjuntamente los concellos de Vigo y Mondoñedo desde 1991. El galardón que el autor recibió ayer en el Pazo de Castrelos de manos del Alcalde, Pérez Castrillo, corresponde a la convocatoria de 1999 ya que el certamen tiene carácter bienal. El premio tiene una dotación de dos millones de pesetas y el número total de trabajos presentados fue de cuarenta y nueve.

B.R.S.

14 may 2001

A asociación Monte Branco inaugurou con música tradicional o programa das Letras

O conto e a radio centran a segunda xornada dos Encontros de normalización, que teñen os seus propios contidos A cultura popular é o fío conductor da Festa das Letras da asociación Monte Branco. Onte tocoulle á música na primeira xornada dos Encontros de normalización, que teñen o seu propio programa paralelo e adicado especialmente ós mestres. Xunto con Manuel Rico, recolledor de cantigas, participaron a cantante Uxía López e os músicos Nani García e Xavier, de Luar na Lubre. Tamén estivo un representante do colexio de Agualada, que ten recollidas 4.600 cantigas de catro parroquias de Coristanco e de outras dúas de Cabana. A xornada de hoxe está adicada ó conto e á radio e as próximas, ós cantares de cego e á prensa escolar.

REDACCIÓN