Aplauso ós artífices da palabra

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

Os colexios, as casas de cultura e as asociacións da comarca vólcanse coa celebración Os concellos de Arousa sumérxenxe na semana das Letras Galegas. Teatro, música, ofrendas, exposicións... tódalas modalidades artísticas teñen cabida na homenaxe ós artífices da cultura. Moitos son os protagonitas nesta data, pero a estrela indiscutible é Eladio Rodríguez, a quen este ano se adica a celebración. Os centros escolares, as casas de cultura e as asociacións de toda a comarca non escatimaron en imaxinación para organizar os actos para conmemora-lo Día das Letras Galegas. Entre mañá e pasado, os concellos encheranse de palabras, sons e imaxes. Como eixo, a nosa lingua.

14 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA O Grove foi un dos concellos máis madrugadores. A semana pasada organizouse un encontro co escritor David Otero, autor da obra A vida de Eladio Roddríguez González, e a inauguración dunha mostra que aglutina a tódolos literatos ós que se adicaron as Letras Galegas. Para esta fin de semana están previstos xogos para nenos e a apertura dos «stand» das librarías na Praza de Arriba. Ademáis, o domingo reuniranse oito grupos folclóricos co quinto Día da muiñeira. En Vilagarcía, os centros escolares se levan a palma na organización de actos. Como é o caso do Arealonga, onde se artellaron varias mostras relacionadas coa biografía de Eladio Rodríguez, ademáis de sesións de cine. E un gran festival das Letras Galegas, que terá lugar hoxe. O Piñeiriño puxo a súa aportación cunha sesión de monicreques que onte fixeron as delicias dos máis pequenos. Na localidade de Vilanova, a asociación Roi Vicente tamén fai o seu, e mañá entregará os premios do seu primeiro certame literario, acto que será amenizado polo grupo de pandereteiras do colectivo Axóuxere. Tamén o instituto de Meaño se suma coa presentación da revista Cerna Dura e a representación da obra Cachirulo. Esto é parte do que se está a cocer na comarca na semana das Letras Galegas. E non é máis que o principio dun sinfín de actividades culturais.