Os nenos rinden homenaxe a Eladio Rodríguez

Ó. ALFEIRÁN / X. MELCHOR LALÍN

DEZA

ROMÁN GUTIÉRREZ

Os colexios e institutos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes celebran hoxe e o próximo venres o Día das Letras Galegas Os colexios e institutos das comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes celebran durante esta semana o Día das Letras Galegas. A trixésimo quinta edición desta festa adícase este ano o escritor e xornalista, Eladio Rodríguez González. Aquí celebrarase dunha forma especial. Obras de teatro, recitais poéticos, festivais, exposicións, conferencias, visionado de vídeos, programas de radio e outras moitas actividades tiveron lugar nos últimos días. Pero no día de hoxe e o próximo venres celebraranse a maior parte dos actos en lembranza deste home que chegou a ser presidente da Real Academia Galega.

15 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Os colexios de Vilatuxe e o Comarcal celebraron onte, con numerosas obras de teatro e recitais, o Día das Letras Galegas. Foron os máis madrugadores, aínda que como tódolos demáis centros, prepararon as actividades os últimos días. O día anterior ó dezasete de maio terán lugar a maioría das actividades programadas nos centros das dúas comarcas. En Prado, os nenos colgarán as súas pinturas no muro exterior e presentarán un collage sobre o monumento a Xaquín Loriga, que confeccionaron entre todos. No Sagrado Corazón de Lalín, os actos empezan ás 11 horas. No Manuel Rivero, a homenaxe a Eladio Rodríguez organízase en cada aula, o mesmo que pasa no IES Aller Ulloa, onde creen que o Día das Letras Galegas debe celebrarse a cotío. O pasado día 10, a conferencia sobre música tradicional, foi o inicio dos eventos organizados polo Instituto Laxeiro. O venres, alumnos dos dous institutos lalinenses, acudirán a unha conferencia sobre o pintor Laxeiro no auditorio Dozón celébrao o venres Dozón esperará ó venres para homenaxear ó escritor nado no lugar da Ponte de San Clodio de Leiro. Rodeiro acollerá hoxe unha exposición de pinturas e Agolada organizará outra mostra no patio do colexio. Os gaiteiros do centro amenizarán a festa no María Inmaculada pola tarde. En Bandeira, entreganse os premios da campaña «Entre nós, en galego», ó igual que en moitos outros colexios da zona. No CEIP de Silleda, habrá concursos literarios. No Cerdeiriñas habrá teatro, en Merza leerase a Eladio Rodríguez e na Nosa Señora da Piedade as Letras Galegas coincidirán co festival fin de curso que terá lugar en xuño.