Os alumnos dos colexios de Cambados realizaron onte a tradicional ofrenda floral, diante do monumento a Ramón Cabanillas, para conmemorar o día da palabra. O Día das Letras Galegas que hoxe se celebra. Arredor da unha da tarde déronse cita no Concello os escolares para dar lectura ás cantigas e poemas escollidos para a ocasión. Unha tradición que xa ven de longo, e que entre flores e letras ten como obxectivo facer unha homenaxe ós escritores que puxeron o seu maxín ó servicio da cultura. Ademáis do recital, tamén se presentaron os carteis e murais que engalanarán o paseo da calzada durante estes días. Traballos nos que os rapaces reflexaron as súas impresións sobre o Día das Letras Galegas e sobre a figura a quen este ano se adica esta data, Eladio Rodríguez.