A avoa de Melide celebra hoxe o seu 106 aniversario mantendo todo o sentido
Benigna Montero naceu en 1896 e aínda lembra como viviu a toma de Madrid durante a Guerra Civil Trala voz curtida en anos de Benigna hai uns ollos que lembran coa lixeireza da lebre. E esas mans ateigadas de fonda calor humana, surcadas de enrugas nas que un pode ler coma se o fixese nas páxinas dun libro, cos seus traballos e días gravados no lume lento das xeiras. Cando naceu Benigna, en 1896, España aínda tiña colonias de ultramar. Viviu o desastre do 98, esa data que partiu a nosa historia en dous e a encamiñou cara a ese estalido final da Guerra Civil. Quen lle diría a esta mulleriña, levando como levaba unha vida inxel de moza labrega na aldea de Piñor, que acabaría sufrindo o cerco e a toma de Madrid dende o bando republicano.
XOSÉ GARCÍA