Acceso á propiedade. A anulación dos foros e o acceso á propiedade é moi recente en Galicia, apenas un século. Este factor limita a relación co territorio, que socialmente non chega a desenvolverse ata os seus aspectos de respeto e integración global. Contradicción económica. A historia de Galicia no século XX é a dun país que sae dunha Guerra Civil, cae nun período de fame e vese abocado á emigración. Nun momento dado, o desenvolvemento económico das últimas décadas deste período choca co patrimonio, que se concibe como un atraso, oposto ó confort e as necesidades de comodidade que esixe a poboación. Todo isto sigue vixente, pero culmina no desarrollismo dos sesenta e setenta. A emigración. O retorno da emigración, sobre todo a países europeos, trae consigo modelos foráneos que se impoñen por un incorrecto concepto de prestixio fronte ó propio. O chalet alpino é un dos exemplos máis claros deste fenómeno. Estructuración do territorio. O territorio galego compón un mapa moi complexo, non só polo que se refire ó estrictamente xeográfico ou paisaxístico. Hai sentimentos distintos, matices de luz moi diferentes, que o feísmo ameaza de xeito preocupante. Reaccións posibles. É preciso un pacto social de respeto ó territorio, evitando o espallamento da poboación. Tamén que este debate trascenda realmente á sociedade. Senón, estará abocado ó fracaso. A cultura, a toma de conciencia e o compromiso co país son os factores que realmente poden rematar co feísmo.