Amigos da República honran ó fundador da CNT no Ribeiro

CARMEN PARADELA RIBADAVIA

OURENSE

SANTI M.AMIL

José Bóveda Formigo cre que o sindicalismso tiña que ter máis poder Ten 90 anos e unha cabeza moi ben organizada que lembra, sen rencor pero con dor, os duros momentos vividos durante a Guerra Civil. É José Bóveda Formigo, un dos fundadores do primeiro sindicato no Ribeiro, a CNT, unha decisión que xunto a súa adhesión á República supúsolle unha condena de 30 anos de cadea, dos que cumpríu 50 meses xa que foi un dos máis de douscentos presos galegos que fuxíu do Fuerte de San Cristóbal de Pamplona no ano 1938. Unha historia que hai que escreber. Hoxe recibe a homenaxe dos Amigos da República.

12 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Bóveda Formigo recoñece estar «moi estupendo e encantado da vida» coa homenaxe que hoxe recibe do colectivo de Amigos da República, sobre todo, por que lle permite lembrar a fuga de Pamplona «porque en España hai pouca xente que saiba o que pasou de verdade e a historia hai que escribila». E eso que é conscente: «Eu nunca a contei porque ninguén me preguntou e debo ser dos poucos sobrevivintes daquelo, dos que participaron no jaleo, quizá sexa o único vivo e vivo por casualidade». Aínda lle doe recordar os cincoenta meses que pasou no cárcere «era inhumán, non se pode nin escreber nen contar sequera». Tanto que daqueles anos José Bóveda non ten ningún bo recordo «son todos malos porque foron moitas cousas, aquelo era terrible a angustia e o medo, a mín cando me condearon foi como se me tocara a lotería... é que chega un momento no que a vida está por demáis e a xente non se da conta». José Bóveda loa a situación dos sindicatos na sociedade actual: «O sindicalismo funciona pero tiña que ter máis poder, porque senón fora por el seguiríamos igual e o obreiro non está protexido por ninguén».