DE LA HISTORIA PASADA Y OTRA MÁS RECIENTE

La Voz

OPINIÓN

ARTURO LEZCANO Quizá es una consecuencia de la proximidad de ciertas fechas, históricas sin hipérbole, o de que todavía quedan personas fieles a sus ideas, pero lo cierto es que esta semana, en vísperas del 14 de abril, cuando sale esta página, se nos remiten un par de comunicaciones de tipo «ideológico». Por añadidura no faltan tampoco en esta ocasión las puntillosas, y muy justificadas, correcciones de algún lector, amén de la vindicación de pretéritas glorias locales, cuya precisión, desde luego, es necesario establecer y subrayar. En los últimos tiempos, sin embargo, el cuadernillo La Voz del Lector está haciendo fuerte competencia a esta sección específica. Es humano sentirse satisfecho de aparecer en columna independiente, con firma bien visible.

13 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Ramón Feal remésanos un correo electrónico que algúns calificarían de «panfletario», mais indubidablemente claro e directo. Vexamos, ao pé da letra: «Escribo sobre a polémica suscitada estes días sobre o escudo fascista da fachada (nunca mellor dito) dun edificio xudicial en Ourense». E acrecenta: «Pois resulta que o señor conselleiro de Xustiza dixo que de quitar o devandito emblema habería tamén que facelo cos que puidera haber pertencentes á República. Estas declaracións -comenta- son indicativas, nun principio, dunha mentalidade fascista nostálxica que non asimilou a democracia que nos demos hai anos; por outra banda reflicte unha profunda ignorancia (interesada) sobre a historia. Quixera recordar aquí que a República era o réxime político democrático dos españois ata que un grupo de militares e civís fascistas e golpistas, se sublevaron, provocando a Guerra Civil». «Gustaríame -di asemade- que na súa publicación se falara deste asunto que parece ter bastante ''miga''... e de paso lembrarlles a verdade aos ''desmemoriados'' do ''réxime'' de Fraga, a ver se asimilan o máis básico da nosa recente historia...». Malia as sempre pouco rigorosas simplificacións -sen prexuízo da banda onde procedan- o remate do escrito contén, que é o importante, unha plausible consideración: «Se algún emblema ten que seguir figurando nalgún edificio oficial, por suposto que terá ser da República». «Só era ritual» Nel Vidal Barral, de Artes-Ribeira (A Coruña) fala de tres columnistas de La Voz de Galicia. Como o obxecto da súa correspondencia non é comentar as opinións dos devanditos -El Amigo del Lector non se ocupa das dos nosos colaboradores, responsabilidade súa- recollemos a súa queixa. Logo de admitir que os tres columnistas que critica «moitas veces analizan de xeito bastante acertado os temas que tratan», ve «curioso» que escriban sempre en castelán. «Refírome -sinala- a aquel galeguista de centro que xa foi conselleiro, Pablo González Mariñas, ao auténtico guía da esquerda no Parlamento galego recén rexeitado electoralmente, Anxo Guerreiro, e a ese sabio conservador de actitude vital de esquerdas, Xosé Luis Barreiro Rivas (...)». Mais, tras estas loubanzas, o lector en cuestión repróchalles: «(...)Cando tiñan cargo público os tres eran, ademais de aparentemente bos galegofalantes, grandes defensores do noso idioma. Só quero dicir que eu, coma outra moita xente, síntome enganado e decepcionado pola actitude destes señores; parece ser que ó abandonar o escenario parlamentar, as roldas de prensa, os debates televisivos, o percorrer o país apañando votos, a etiqueta de defensores do pobo e o coche oficial, tamén leva consigo abandonar ese idioma, que polo que demostran só era ritual, no que noutrora facer crer nos seus proxectos de país...», láiase acedamente o lector. A parte de que cadaquén escribe no idoma que lle peta, por unhas ou outras razóns persoais, no caso dos tres columnistas citados estamos certos de que non usaban o galego por «ritual», senón que o facían, e o fan aínda, con convicción. Agora ben, se o que o correspondente de Artes quere denunciar é a un número determinado de políticos e mais funcionarios «pragmáticos» no emprego da nosa lingua, se cadra podería levar algunha razón. Roberto Rey nos pasa -con todo el cariño- un pliego de cargo para poner de manifiesto «un tremendo error ortográfico» de La Voz de Galicia. Un signo muy bajo «(...)Me refiero al uso del guión bajo -, muy usual de direcciones de correo electrónico, en sustitución de la raya tradicional, a modo de paréntesis. Por supuesto no contempla tal uso del guión bajo, la ortografía de la lengua de la R.A.E. ni lo he visto en sitio alguno salvo en algunas noticias y sueltos o como Vds. les llamen(...)». Hasta en una docena de páginas «descubrió» Rey guiones bajos (o largos, si se prefiere), en algunos casos, escribe, «una auténtica orgía». Sólo tres veces halló un uso correcto de la raya. Roberto Rey no se equivoca, aunque no tiene en cuenta el uso inveterado en la profesión periodística, sobre todo desde que desapareció la tipografía. De todas formas, está previsto en el nuevo Libro de La Voz homogeneizar minuciosamente los signos de puntuación y similares.