CÁNDIDA ANDALUZ O CRONÓMETRO Manuel Souto Cacabelos, recibe mañán a medalla ó mérito da avogacía
10 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Manuel Souto Cacabelos recibirá mañán do Consejo General de la Abogacía de España a medaia do mérito no servicio da súa profesión despois de 50 anos exercendo como letrado na comarca de O Carballiño. Ós seus 91 anos, Souto Cacabelos traballa coa mesma ilusión có primeiro día, dirixindo os seus esforzos como avogado co mesmo patrón que o día que se colexiou: con honestidade. -¿Que sinifica para vostede que os seus compañeiros lle ofrezan esta distinción? -É unha grande satisfacción para mín. A culminación dunha vida profesional que tratei de exercer honestamente e o mellor que puiden. -Estudiou por libre a carreira de Dereito mentras traballaba como profesor en Boborás, ¿Como recorda aqueles anos? -Unha vez obtida a licenciatura, no ano 45, comenzaron a funcionar os xulgados comarcais que hoxe xa non existen. No partido de O Carballiño creáronse tres xulgados comarcais, en O Carballiño, en Maside e en Boborás. Como na comarca de Boborás era o único licenciado en Dereito nomeárome a mín xuíz sustituto. Estiven exercendo eu só a xurisdicción en Boborás preto dun ano e logo desinaron ó xuíz propietario e continuei de sustituto mentras existiu iste xulgado, que se suprimiu a principios do 55 cando se converteu en xulgado de Paz. Logo exercín neste concello ata que a miña muller, que tamén era maestra se xubilou, e no ano 72 vimos para O Carballiño, onde ata hoxe exerzo como avogado. -¿É imprescindible a vocación para exercer unha profesión durante tantos anos? -Eu tiven unha gran vocación dende sempre e cando tiven a oportunidade me examinei por libre en Santiago. Dende que empecei nunca deixei de traballar, únicamente cando a Guerra Civil. Se non tivera esa vocación non estaría traballando con 91 anos. Como as facultades mentales e físicas están ben sigo exercendo. -¿Cal é o maior avance en Dereito para vostede? -A Constitución, en canto ós dereitos fundamentais das persoas. -Un consello para os xóvenes avogados -Que exerzan a profesión con toda honestidade, sen pensar no diñeiro que van gañar.