«(...) Quen lle chamou a Costa da Morte era un padriño que sabía bautizar, dicía Andrés aos seus 90 e tantos e Andrés sabía do que falaba porque el mailo topónimo de Costa da Morte son case coetáneos. Como pasara antes co Finisterre a potencia do topónimo é tan bestial e reforza tanto unha identidade colectiva que en pouco máis dun século quedou asentada nos nosos imaxinarios coma unha verdade de raigames antergas (....)»
Olaia Sendón