Bacallao con cuscús

Beatriz Sotelo presenta un prato a medio camiño entre Galicia e a cociña oriental: fantásitco para descubrir novas opcións de cenas


Ingredientes
2 racións de bacallao desalado
150 gr. de cuscús
Un tomate fresco
40 gr. de queixo fresco/feta
5 follas de menta
1 lima
Especias ao gusto
Aceite de oliva
Sal
Instrucciones
  1. Dunha banda preparamos o ballaco. Para iso o primeiro é calentar ben a prancha, engadir un chorro de aceite e marcar polo lado da pel, cociñar 4 minutos e darlle a volta, rematar de cociñar e empratar

  2. Sabemos que está listo porque se desfai en lascas

  3. Dependendo do grosor do bacallao tardará máis ou menos

  4. Podemos utilizar outro peixe como pescada ou lubina; estará igual de bo

  5. Para facer o cuscús poñemos auga a ferver e unha vez a teñamos engadimos este alimento. O cuscús son granos de sémola de trigo duro, polo que temos que ter en conta a cantidade de auga para a cocción. Tarda moi pouco en cocer, de feito é mellor apagar o fogo en canto ferva e deixar que absorba toda a auga

  6. Deixar enfriar e sazonar, engadir o tomate e o queixo en dados, a raiadura de lima, o zume exprimido, as especias e a menta picada

  7. Podemos utilizalo dun día para outro

Votación
0 votos
Comentarios

Bacallao con cuscús