A «Translatio» de Cereixo: unha xoia única en Galicia

A pasada fin de semana celebrouse en Vimianzo un simposio sobre a «Translatio» que se conserva no tímpano sur da igrexa de Cereixo. Xosé María Lema participou co relatorio «A Translatio? e os camiños de Santiago na Costa da Morte» e falou desta e doutros elementos conográficos xacobeos.