Xesús Alonso Montero, escritor e profesor Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), marxista irredento, republicano recalcitrante, é un home politicamente incorrecto nos tempos que corren, supostamente amansado baixo a súa capa de catedrático de Literatura Galega, filólogo, traductor, ensaísta e nos últimos anos, poeta. A súa obra «As palabras no exilio», unha biografía de Luís Seoane publicada no 1993 con motivo do Día das Letras Galegas, preséntase na «Biblioteca Galega 120» nunha edición ampliada ca conferencia que o polígrafo, admirador da figura intelectual e moral de Seoane, pronunciou o ano pasado en Santiago no Congreso Internacional sobre o Exilio.
B.R.SOTELINO