Música, cine, teatro e ballet protagonizan o variado programa de actividades proposto polo Concello Os veciños de Tui disfrutarán, tódalas fins de semana de xullo e agosto, dun variado programa de animación social e cultural organizado polo Concello. Cine, ballet, teatro e música, protagonizan as noites do verán da cidade tudense. As actividades da campaña «Tui, un río de cultura, móllate», suporán unha inversión total de 90.000 euros, dos que o Concello aportará 60.000. As actuacións comezan o vindeiro venres, ás 22.3O horas coa proxección do filme «Tomb Raider» na praza de San Fernando.
MÓNICA TORRES