Patrocinado porPatrocinado por

A gran fenda

Torcuato Teixeira SECRETARIO XERAL DA OPP 31 PESCAGALICIA

SOMOS MAR

MARCOS CREO

15 dic 2021 . Actualizado a las 04:50 h.

Un ano máis —e xa van uns cantos—, comprobamos o dilate que supón a decisión e xestión das cotas de pesca nas aguas que administra a Unión Europea (UE). A decisión mais importante do ano para os pescadores se adoptan en base a un documento que elaboran uns señores e señoras que viven en Bruxelas, de costas totalmente aos profesionais do sector, chufados por outros señores e señoras que viven tamén en gran número en Bruxelas que só queren que haxa peixes no mar, pero ningún pescador para capturalos, e que, ademais, camúflanse como medioambientalistas.

E todos eles, en perfecta harmonía, teñen como Biblia que ata os mais ateos seguen ao pe da letra o que lles digan uns señores e señoras que se xuntan en algo que dan en chamar instituto científico, que anda por Copenhague, e onde xogan a adiviños e se cren en posesión da mais absoluta verdade, faltando á premisa básica de calquera científico de por sempre en dúbida as súas observacións. Máxime se estas son tan incertas e imprevisibles como todo o que ten que ver co ecosistema mariño.

E claro, ao final, resultan unhas decisións sobre como teñen que gañarse a vida os pescadores non xa en base a observacións e criterios que xa se quedaron vellos, senón incluso adoptando medidas restritivas con forte impacto socioeconómico cando non teñen datos, porque nin inverten en coñecemento científico, nin son capaces de articular un modelo de información en tempo real do que os propios pescadores ven no día a día.

A gran fenda entre a realidade dos nosos ecosistemas e a fantasía que o ICES (Consejo Internacional para la Exploración del Mar, polas súas siglas en inglés) preséntalle á Comisión Europea fan que hoxe falemos dunha importante redución de pescada, por exemplo, dun -8% con respecto á escasa cota que xa había no 2021, tamén dunha importante redución para a pescada do Gran Sol —aínda por consumar—, que sigamos por sexto ano consecutivo coa cigala das nosas costas galegas pecha a cal e canto, e que un ano mais este artigo sexa moi pouco do Nadal e soe mais a día de defuntos.