Patrocinado porPatrocinado por

Ovellas galegas manteñen o traxe de inverno para debutar nos desfiles da Semana Verde

somos agro REDACCIÓN

GANADERÍA

María Miguélez

Non tiñan acudido antes porque en xuño xa estaban esquiladas, pero este ano varios gandeiros deixaron exemplares sen rapar para que puideran soltar a melena no primeiro certame morfolóxico desta raza. A cabra galega tamén acudira por primeira vez.

31 may 2019 . Actualizado a las 12:08 h.

Vacas cachenas. Caldelás. Frieiresas. Limiás. Vienesas. Porco Celta. Cabalo de Pura Raza Galega. Galiña de Mos. Animais de todas estas razas autóctonas galegas volverán a desfilar a semán que ven na Feira Internacional Abanca Semana Verde, que se celebra entre o 6 e o 9 de xuño. Farano para participar nos seus respectivos concursos morfolóxicos, un evento no que os mellores exemplares _machos e femias_ de cada unha destas razas mostrarán o seu poderío autóctono. Pero este ano, fartas de ir á feira para vela dende a bancada, as ovellas de raza galega tamén terán o seu concurso. ¿Por qué non participaron antes? «Polo rapado do animal. Porque nesta época o habitual é que xa lles quitaran a lá», explica a  directora técnica da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega) e a Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega (Capriga), a veterinaria Silvia Adán.  O qu pasou este ano é que alguns ganderios, de forma voluntaria, deixaron ovellas con lá para poder participar no concurso. Eso que as ovellas, eso da calor, non o levan ben.

¿E cómo son as ovellas galegas? Rústicas. Saben adaptarse ao medio. Son axeitadas para a gandeiría extensiva e aínda que son moi boas nais, o seu aproveitamento fundamental  é a carne. Eso que agora tamén empeza a demanda de lá. Pero ademáis son coquetas. Teñen un fociño alongado, orellas pequenas, extremidades finas e firmes coas que camiñan con aplomo e, o que probablemente máis poida sorprender, é o tupé que máis que tupé é un moñico que levan na cabeza. 

Pero estas estilizadas ovellas non serán as únicas que, por primeira vez, terán un concurso morfolóxico propio. Tamén debutará a cabra galega. Non foi antes porque, como explica a directora técnica de Capriga e Asovega, «non habia exemplares bastantes para poder organizalo». De feito, engade, aínda que a raza estaba catalogada, non tivo libro xenealóxico ata o 2013. teñen a cabeza pequena, cornos que fan un arco, a cor da capa é entre caoba e rubio...

De feito, a cabra galega _cun acusado bimorfismo sexual_ foi a última raza autóctona galega en comezar a recuperarse. Todas as catalogadas na actualidade _agás a rubia galega_ están en perigo de extinción.