Pensa e... comenta, debuxa e... colga, planta e... espera. Poden ser tres claves para unha actividade máis prolongada ao longo deste primeiro trimestre 2015
27 ene 2015 . Actualizado a las 04:00 h.1. PENSA E... COMENTA Os refráns son sempre produto da reflexión e oportunidade de quen os descobren, baseándose nos acontecementos da vida; pero a posibilidade de descubrir cada un o seu sentido persoal convértese en fonte de comunicación para os demais das propias vivencias. ¿Animámonos a escribilas? - «Non hai pasaxeiros na nave espacial terra: todos somos tripulantes» (Herbert Marshall Mcluhan). - «As sementes non queren durmir en caixiñas de ouro: elas prefiren a terra, aínda que sexa a máis árida» (Valeriu Butulescu). - «O que busca o ceo na terra durmiuse en clase de xeografía» (Stanislaw Jerzy Lec). - «Vivir na Terra é caro; pero inclúe unha viaxe gratis ao redor do Sol cada ano» (anónimo). - «Non te sintas aparte e esquecido, todos somos o sal da terra» (Evanxeo). - «Probablemente fíxose máis dano á Terra no século XX que en toda a historia anterior da humanidade» (Jacques Yves Cousteau). - «Nunca mellor está a árbore que na terra onde se cría» (labrador). - «A terra atrae tanto que os vellos camiñan encurvados» (proverbio armenio). - «Quen está no mar navega; e opina quen está en terra» (Crítico). - «Só cando a última árbore estea morta, o último río envelenado e o último peixe atrapado, daraste conta de que non podes comer diñeiro» (sabedoría indoamericana). - «Se soubese que o mundo se ha de acabar mañá, eu hoxe aínda plantaría unha árbore» (Martin Luther King Jr.). - «Se desaparecesen todos os insectos da terra, en menos de 50 anos desaparecería toda a vida. Se todos os seres humanos desaparecesen da terra, en menos de 50 anos todas as formas de vida florecerían» (Jonas Edward Salk). ACTIVIDADES - Cada un elixirá o refrán que mellor pode describir nunhas dez liñas que logo lerá en clase e exporanse todos en pantalla ou cadro. - Non esquezas aplicalo ao tema actual: a importancia da terra e o chan no desenvolvemento vital das persoas e pobos, e nun mesmo. - Por suposto, pódese un imaxinar nun papel diferente e como reaccionaría sendo labrador, cociñeiro, vendedor de hortalizas, o que sexa. 2. DEBUXA E... COLGA Aquí tes, por exemplo, unha forma de cartel colgante que a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) encargou aos seus artistas, unha mostra de como vexetalizar unha frase en raíz, talo e follas. ¿Atréveste? - Fíxate, na primeira mostra de nabos, remolachas, cebolas, cenorias, dando vida coa afirmación enraizada que amosa onde secretamente nacen e asoman coas súas cores sobre a superficie. - Unha serie de afirmacións foi a base para o reto artístico, que se quedaría en letra aburrida e tantas veces escoitada: o chan é cimento para a agricultura familiar, o 95 % dos nosos alimentos veñen do chan (¿que sería se non lle vemos un prato de fondo que lle dá apetito, con garfo e coitelo ben dispostos para o ataque?). -/span> Recurso: http://bitly.com/1xWQsI4 ACTIVIDADES -/span> A actividade é fácil e adoita ser moi frecuente en exercicios creativos. -/span> Escríbense todas as frases no encerado e cada alumno escolle unha e tradúcea a imaxe facendo unha composición de palabras, letras, cores, trazos. -/span> Procédese á mostra de cartel colgante, unindo debuxos que se fixeron sobre a mesma frase. -/span> Unha variante, neste caso, podería ser o que cada un elixe un refrán dos expostos anteriormente e procede da mesma forma. 3. PLANTA... E ESPERA Afortunadamente, son moi numerosas as citas e ligazóns que se poden facer con La Voz de Galicia, onde atoparás exemplos de todos os estilos, recollendo noticias que teñen moito que ver co tema chan-terra, de onde provén tanta riqueza. Pero nos fixámonos especialmente en noticias que teñen que ver coa colaboración de alumnos nos seus hortos escolares e outras situacións de fácil acceso e proximidade para todos. Para lograr a conexión coa noticia indicada, basta buscar na edición dixital www.lavozdegalicia.es e escribir o texto do título no busca-lupa da hemeroteca. -/span> A anemia que corroe a Costa da Morte (11/1/2015). -/span> «Queremos investir no cultivo de camelia e producir cosméticos» (16/12/2014). -/span> Galicia incorpora ao campo a 4.400 mozos en 10 anos (9/12/2014). -/span> Alumnos do IES da Illa e Bata, unidos pola terra (2/2/2014). -/span> Os hortos do colexio de Panxón crean escola (25/11/2014). -/span> A falta de alternativas laborais esperta o interese pola agricultura (9/11/2014). -/span> A pataca gaña leiras ao leite (8/11/2014). -/span> Irmandamento de hortos ecolóxicos en Coristanco (31/10/2014). -/span> Experimentos sobre o cultivo de chícharos no espazo (29/10/2014). -/span> Máis de 3.000 alumnos coidarán este curso os seus hortos ecolóxicos (26/9/2014). -/span> Cincuenta nenos dan vida ao horto infantil carballés (2/7/2014). -/span> Dime que cultivaban os teus antepasados e direiche quen es (8/5/2014). -/span> «Un pemento da miña horta pode durar meses sen podrecer» (8/2/2014). -/span> «En outubro perdín dous mil pés de repolo» (26/1/204). -/span> «Dedícome á miña terra desde que me levanto ata que me deito» (19/1/2014). ACTIVIDADES -/span> É fácil montar un telexornal, ou algo polo estilo, onde se le a noticia completa, que é breve, ou se describe en plan de contar -en galego, inglés, castelán- cousas que suceden e a importancia que teñen. -/span> Cada subgrupo intenta entón buscar novas noticias para a semana seguinte, pero traídas da súa proximidade e que teñan algo que ver co tema de terra-chan de vida 2015, e vale. Que todo saia moi ben.
