Nesta casa de Chantada viviu un pioneiro da apicultura profesional e introdutor da colmea layens en Galicia
AGRICULTURA
Benigno Ledo González naceu na parroquia de Adá e exerceu de cura na de Argozón, onde está soterrado
15 feb 2026 . Actualizado a las 19:30 h.A casa natal de Benigno Ledo González, o coñecido como cura das abellas, está no lugar da Chanca, pertencente á freguesía de Adá. Nela naceu o 20 de xuño de 1867. Despois, de adulto e xa ordenado sacerdote, viviría na casa reitoral situada a carón da igrexa de Argozón.
En Argozón exerceu como párroco e no seu cemiterio é onde repousan os seus restos, Sobre a súa sepultura, unha lápida de mármore pendurada no exterior do muro da ábsida dí así: «El Ilmo. Sr. D. Benigno Ledo y González, expárroco de San Vicente de Argozón, Cabaleiro da Orde de Beneficencia, primeira clase e profesor provincial de apicultura da Excma. Deputación de Lugo. Finou na paz do Señor en San Vicente de Argozón o trece de decembro de 1950 aos 83 anos. D.E.P. Lembranza do seu sobriño Jaime Fernández. É propiedade da Casa da Chanca».
Benigno Ledo foi o introdutor en Galicia da colmea Layens, de orixe francesa con cadro móvil. E n ano 1917 el miesmo creou unha variante da colmea tipo voirnot, á que bautizou coa denominación de colmea Ledo-Argozón. O seu invento foi premiado naquela época no Concurso Nacional de Ganados, Maquinaria e Industrias Derivadas.
Ademais de obras como Cursillo práctico de apicultura adaptado a la región gallega, editada en 1949, ou Curso práctico de apicultura, unha terceira edición aumentada e corrixida, con data de 1946, deixou numerosos artigos na prensa galega.
E ademais de ser obxecto de numerosos recoñecementos polo seu labor de investigación e difusión das técnicas profesionais de apicultura, foi homenaxeado con dúas rúas co seu nome, unha na súa Chantada natal e a outra en Lugo.
