Los candidatos de Santiago abogan por un impulso a las infraestructuras en la capital

xosé m. cambeiro SANTIAGO / LA VOZ

PADRÓN

La preocupación sobre los proyectos del Estado gira en torno a los viales pendientes y a la estación del AVE

13 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Los candidatos representantes de la capital gallega Marta González (PP), Gonzalo Diz (PSdeG-PSOE), Carlos Callón (Nós-Candidatura Galega) y Xaime Subiela (En Marea) debatieron en La Voz sobre lo que se juega Santiago en las elecciones generales del 20D, en infraestructuras, políticas sociales o el futuro de la ciudad histórica. Por problema de agenda faltó la representación de Ciudadanos.

xaime subiela (en marea)

«Sen planificación». As infraestruturas en xeral a nivel de Estado estivéronse facendo sen planificación en moitos casos e alleas ao retorno social de esa infraestrutura. Iso estaba pensado para beneficiar a determinadas empresas construtoras. No que ten que ver con Santiago, o enlace orbital é clave para a conexión dos polígonos do norte coas dúas autopistas. Entendemos que a intermodal non poden ser dúas estacións conectadas, senón un edificio concibido de forma conxunta, sen parcheos. Un proxecto conxunto que reúna buses urbanos, buses interurbanos e o ferrocarril, e que se aproveite a estación para que iso sexa un espazo urbano que conecte o centro urbano cos barrios do sur. Hai que aproveitar para que o ferrocarril non corte a cidade. Na EDAR, non fagamos remendos. Cambiouse a ubicación porque lle molestaba aos amigos de Conde Roa do Opus Dei. Agora se obriga a facer unha depuradora que bombee a auga cun gasto enerxético enorme.

carlos callón (nós-CG)

«Fartos de compromisos». Santiago é a capital dun país e non se corresponde coas infraestruturas que temos. Son de segunda e chegan tarde, mal e arrastro, con exemplos paradigmáticos, como os vagóns do Eixo Atlántico de segunda man cando é unha vía fundamental. A depuradora de augas leva tantos anos, que debería estar cumprindo coa directiva comunitaria da auga. O enlace orbital non ía no proxecto inicial e agora hai un compromiso. Estamos fartos de compromisos que non se cumpren e hai que batallar niso. A estación intermodal, da que falamos dende hai 15 años. A autovía A-54, da que se falaba cando eu era estudante hai 20 anos. Demasiadas promesas incumpridas. Para nós Santiago ten que ter o tratamento de capital por parte de todas as Administracións. E non é o mesmo o número de habitantes que a poboación que pasa por aquí. Son necesarias achegas orzamentarias que non se realizan. Avogamos por unha política integral galega de xestión de infraestruturas.

marta gonzález (PP)

«Demandas en marcha». Os orzamentos para Galicia foron de 7.000 millóns de euros, a segunda comunidade mellor tratada polos orzamentos estatais. No que atinxe a Santiago, a maioría das demandas históricas están en marcha: a ampliación da AP-9, que avanza rapidamente; o paso inferior de Conxo; o acceso á Cidade da Cultura con tres millóns de euros orzamentados; o enlace orbital, con outros tres millóns de euros. Pero Santiago é tamén a comarca e temos a circunvalación de Padrón, que se acaba de inaugurar, a autovía A-54, que vai avanzando tramo a tramo; a N-550 en Ordes, que ten unha aportación moi importante; a ampliación do paso sobre a N-550 no polígono do Tambre, onde se dan grandes colas; e a saída de Sigüeiro na autopista A Coruña-Vigo. Son realidades.

gonzalo diz (psOE)

«Estación de Herreros». Máis que de feitos hai que falar de grandes retrasos do PP. A conxunción das Administracións foi o peor para a cidade e para a súa comarca. Na estación intermodal, defendemos o proxecto gañador de Herreros para unha estación das máis económicas do AVE de Galicia, que CA e BNG ven con bos ollos. CA agora parece amoldarse á segunda fase de Ana Pastor e se pasou a unha indefinición que non entendemos. A EDAR sufre o electoralismo do PP, que trasladou a depuradora de Silvouta para gañar uns votos e pasaron anos. Xa se perderon fondos europeos e iso vai repercutir nos recibos dos cidadáns. Sobre Lavacolla, o Comité de Rutas presidido por Agustín Hernández como conselleiro adoptou medidas prexudiciais para Santiago. Por exemplo, adxudicar os voos low cost. Iso de seu é algo que lle corresponde a Lavacolla, o único que garante a estas compañías operar sen ter pérdidas. Por outra parte, as obras da rotonda de Conxo estiveron moitos meses paradas e xa tiñan que estar rematadas.

X. Subiela. Paréceme ben a idea da capitalidade e da concepción integrada das infraestruturas. Pensemos en futuro e con planificación, evitando chapuzas como a da EDAR. Aplaudo a visión dunha área metropolitana e sei o importante que é en Ames a conexión da autoestrada coa estrada de Pontevedra para quitar o tráfico do medio do Milladoiro.

C. Callón. O problema dos orzamentos son as promesas que van de elección en elección. Inclúense e non se materializan. E non podo deixar de lembrar o accidente de Angrois, cunha cuestión básica de seguranza que non está á altura dun país civilizado. E ademais hai que crear a comisión de investigación para reparar a ferida das vítimas.

M. González. Son 7.000 millóns de euros os que investiu o Estado en Galicia no mandato. Sobre os aeroportos, houbo por parte da Xunta e do Goberno central vontade de coordinación, que non se deu por culpa dos concellos, pero agora quen gobernan nos concellos tampouco teñen vontade de coordinar nada.

G. Diz. A responsabilidade política de coordinar os aeroportos é da Xunta. O Comité de Rutas está coordinado pola Consellería de Infraestruturas. Hai que lembrar o papel que tivo o PP cando ese comité tomou medidas en detrimento do mellor aeroporto do noroeste. Santiago non ten que competir co Sá Carneiro, senón chegar a acordos co Sá Carneiro.

X. Subiela. Moito do orzamentado polo Estado é gasto do AVE, que está como moi inflado. É unha cuestión histórica.

C. Callón. Hai falta de vontade política na xestión das infraestruturas. Reclamamos un tren de proximidade e un servizo de calidade no aeroporto.

M. González. O que di aquí Gonzalo sobre os aeroportos tenllo que dicir ao alcalde de Vigo, do seu partido, e que veña con vontade de coordinación.

G. Diz. Cando en Santiago e Galicia coincidiron gobernos socialistas materializáronse as maiores infraestruturas do Estado.

LA CAMPAÑA DEL 20D