A compañía aérea ofrece a posibilidade de reservar voos en catalán e en vasco, pero non na lingua de Rosalía.
05 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.As compañías aéreas non se esquecen de Galicia pero, ás veces, si do galego. Vueling, a compañía de baixo custe, que opera dende Lavacolla dende abril pasado ofrece na súa web a posibilidade de reservar os voos en castelán, vasco ou en catalán (ademais de noutros idiomas como inglés, francés, italiano, holandés ou portugués) pero non en galego. Na propia compañía aérea recoñecen que xa recibiron peticións para incluír a lingua de Rosalía na súa páxina e que incluso se traballa niso dende hai tempo pero que porén é posible que non se ofreza esta posibilidade ata decembro. Así que ata, esa data, os galegos poderán reservar os seus enlaces ata Barcelona, Madrid ou París, pero terán que facelo en castelán.