Estos son os pinchos que tes que probar no Sabores de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIUDAD

José Antonio Rodríguez Pérez, conocido como Pepe Callos, con su pincho, al que ha denominado Fume de mar
José Antonio Rodríguez Pérez, conocido como Pepe Callos, con su pincho, al que ha denominado Fume de mar Miguel Villar

Na sétima edición do concurso de pinchos de primavera medio centenar de establecementos sométense ao veredicto dos veciños e visitantes que pasen ata o 1 de maio polos seus locais

22 abr 2023 . Actualizado a las 13:11 h.

Si es afeccionado á boa gastronomía non podes perderte a cita co concurso de pinchos Sabores de Ourense que nesta primavera vive a súa sétima edición. O arranque é o venres 21 de abril e tes tempo ate o 1 de maio para percorrer os establecementos participantes e probar estas pequenas xoias para o paladar e alternativas para persoas celíacas. Hai medio centenar, con prezos que oscilan entre 2,50 e 3,50 euros, pero lembra que con cada catro que visites, xa tes dereito a votar. Así que se queres ir de pinchos en Ourense, toma boa nota porque isto é o que prepararon en cada un deles:

A BARBERÍA

Rocky: Tosta con tomate, anchoas do Cantábrico, bocarte macerado na casa, ovo cocido e aderezo con toque de maionesa caseira (3,50 euros).

A MIÑA BODEGA

Tosta solomillo a miña bodega. Tosta de solomillo con ovo de paspallás, guacamole e queixo (3,50 euros).

A NOSA TABERNA

O noso pelón. Boliño de masa de millo precocido e fritido, recheo de guiso de carne, porco, pasas e piñóns bañado con salsa de tomate caseira e queixo venezolano relado (3 euros).

A SAIA DA CAROLINA

Masa de pastrami. Tostiña de pan masa con pastrami caseiro de cachena, cogombriños, mostaza e rúcula (3,50 euros).

BÁGOA GASTROBAR

Entre foliada e foliada. Brioche de fariña do país, queixada de tenreira con shiitakes de Trives, Sabayón do Ribeiro e cristal de pataca (3 euros).

ANTIGUA O'RENQUE

Boqueronchuelo. Base pan con marmelo de tomate con bocarte, queixo, maionesa e ceboliño (2,50 euros).

BAR AFRODITA 2.0

Miniboli. Mini hamburguesa de tenreira galega suprema con pemento asado e redución de viño de Oporto (3 euros).

ARCO DA VELLA

Salmo-crepes. Crepes de salmón ás finas herbas con mollo especial da casa (3 euros).

BAR CARBALLO

Tentempé carballo. Medallón de solombo de porco selecta sobre pan de centeo con niño de pemento asado agridoce (2,50 euros).

BARALLETE

Barallete. Espeto de entraña con verduras bañada con mollo de champiñón sobre pementos asados (3 euros).

BODEGÓN ANTIGA LEITERÍA

Primabrava. Pataca a baixa temperatura coroada como pataca brava con alioli negro, verde, salsa brava e hortalizas (3,50 euros).

BAYSHA

Panipuri de cachena con mollo Café París. Bocadiño de masa india (panipuri) enchido de carne de cachena richada con escuma de pataca e mollo Café París (3,50 euros)

CAFETERÍA BOTÁNICA

Bao Botánica. Pan bao con carne esmiuzada e mollo (3,50 euros)

BRILLAR

Frescura. Tosta con aguacate e tomate natural, con capa de filete de pavo con queixo de Arzúa e pingas de froitos do bosque con perexil (3,20)

CAFÉ BAR ORO AZUL

Solombo de porco en salsa de pementa. Xugoso solombo de porco en salsa de pementa con pataca á panadeira (3 euros).

Imagen de los ganadores del concurso del año pasado, con el presidente de la Unión de Hosteleros de Ourense, la responsable de seguridad alimentaria de Celíacos de Galicia y el presidente de la DO Ribeiro
Imagen de los ganadores del concurso del año pasado, con el presidente de la Unión de Hosteleros de Ourense, la responsable de seguridad alimentaria de Celíacos de Galicia y el presidente de la DO Ribeiro

CAFETERÍA JP

Capricho de primavera. Tartar de salmón cunha base tropical de tomate, aguacate, manga e laranxa, sostida nunha tosta de pan da nosa terra (3 euros).

CASA CORTÉS

Paraíso. Pincho inspirado en dous dos xantares que máis destacan na cociña da illa de Madeira (3 euros)

CERES 1894

Con catro mans. Corneto de queixo, marmelo e noces con trozos de xamón crocante (2,50 euros)

CASA PARROCHA

Primaverocha na parrocha. Parrocha afumada en salsa de soia doce cunha base de pan de noces e queixo de Arzúa ao whisky acompañado de sandía e uva (3 euros).

CERVEXARÍA O MOUCHO

Hambur-Zeta. Pequena hamburguesa con guacamole, carne de porco e tenreira, queixo de Arzúa e caramelo peta zeta (3 euros).

CHARLOTTE

Golfeadou. Pan enriquecido moi suave en forma de caracol, aromatizado con sementes de anís, enchido de queixo branco relado e empapado de zume de cana de azucre (2,50 euros).

DEMAMÁLUIS

Boliño de primavera. Boliño de pan con queixo de vaca, allo porro, cogomelos e cenoria (3,5 euros).

DIECIOCHO

Guiso secreto. Secreto de porco guisado en dados acompañado dun variado de vexetais e patacas cuarteirón (3 euros).

EL CORRAL

Chegou a primavera. Guacamole con queixo e nachos (3 euros).

GRÂNDOLA

Canelón Grândola. Canelón de cabaciña enchido de polo con curry gratinado ao forno con bechamel e queixo (3 euros).

FUENTEFRÍA

Fume do mar. Tosta con vinagreta, toradas de robaliza afumada, lascas de aguacate e aceite aromatizado con trufa negra (3,50 euros).

HOTEL NOVO CÁNDIDO

Pincho Cándido. Tapiña de tenreira suprema galega con xamón do país e queixo de Arzúa (3 euros)

ITALIAN JOB

Italian Job. Mini calzone de lombo, queixo gorgonzola, mozzarella fresca e mollo rosa (3 euros)

LA BRAVA

La Brava. Croqueta vegana de lentellas con mollo mediterráneo (3,50 euros)

LA ESTACIÓN DE LOMAN

Honest. Pan de batata, doble smash burguer de boi Pastuenco pardo alpino madurado 60 días, maionesa de aguacate, lima e chiplotes, tocuiño entrefebrado curado de porco galego alimentado con castaña e queixos havarti, gruyère e cheddar (3,50 euros).

LA ZAPATERÍA DEL ABUELO

Ouren-masala. Pan brioche coa nosa inspiración hindú de curry masala con polo de corral aderezado con toque de coco e mango (3,50 euros).

LUSCOFUSCO

Hamburguesa lusquiana. Minihamburguesa vegana de fabas negras e froitos secos con alioli vegano (3,50 euros).

MISTER LOIS

Misterprimavera. Tosta de lombo asado, mollo de oliva, pementos de piquillo e follas de rúcula sobre cobertura de queixo Arzúa fundido (3 euros).

MARÍA TAPAS

A primavera do tako. Polbiño á grella sobre crema de pataca á galega (3 euros).

O CAPRICHO

Capricho primavera. Masa follada con bechamel, pemento confeitado e crocante de polo (2,50 euros).

O ACUBILLO

Suspiro de brie. Brie con cama de champiñóns e piquillo (3 euros).

OS 4 FOGÓNS

Lembranza do Augusto. Tosta de pan de Cea cun braseado de bacallau (3,50 euros).

PORTOVELLO

A terma. Ravioli de tenreira en mollo de curry vermello, papada de porco selecta, anguía asada, chícharo bágoa, allos tenros, ovo de paspallás e caldo de tenreira con atún afumado, alga nori e xermolado de chícharo (3,50 euros).

PEPINILLO

Pepinillo. Panceta, queixo Arzúa e cogombriño (2,50 euros)

O TREBÓN

Boliño mar terra. Luras con crema de cogomelos, queixo azul e toque de trufa (3,30 euros).

PULPERÍA ASADOR A FEIRA

O boi no trópico.Crocante de plátano macho recheo de carne de boi galego con toques tropicais (3,50 euros).

RESTAURANTE CANDEM

Prímula de mar. Rolo de pota enchido de chutney de cebola e granada con queixo (3 euros).

SERENDIPITY

Lolete. Parmentier trufada con polbo en dúas coccións e aire de algas (3,50 euros)

SALCHICHETA

La reina frita. Empanadilla de masa de millo precocida enchida de polo emiuzado acompañado de mollo habaneiro (2,50 euros).

TABERNA DO PERICO

Peritaco.Bolo do pincho Perico á grella con rustrido de polo, pemento, cebola aderezado ao servir con pico de galo e guacamole e un toque de maionesa lixeira (3,50 euros).

TAMARINDO

Crocky. Tosta de pan con croca, queixos galegos e salsa española (3,50 euros)

TIZAR GOURMET

La campesina. Cornete de tortilla de trigo enchido de dúas salsas, pera, olivas negras e queixo de cabra con xamón serrano (3 euros).

TU BICADA TROPIK

Tentación de morelas. Base de pataca con solombo e salsa de morelas (3 euros).

XES

Bocado da terra. Carne de porco sobre base de pan e ovo con fundido de queixo de Arzúa, panceta e pemento en confeitura (2,90 euros).

WEEKEND AFTER WORK

Doce pero salgado. Filloa enchida de rabo de tenreira acompañada de puré de mazá (3 euros).