Fernando Argibay: «Vou pensar moito o de volver ao mar»

El moañés y los otros siete náufragos pasaron tres días en una balsa a la espera de ser rescatados

«Estivemos media hora subidos na quilla do barco» Fernando Argibay, jefe de máquinas del Senefand I, hundido frente a Senegal, ha contado a su llegada a Lavacolla la odisea del naufragio y de los tres días que pasaron a la deriva

santiago / la voz

Fernando Argibay, el jefe de máquinas gallego y uno de los ocho supervivientes del Senefand 1, barco de la compañía viguesa Profand, llegó ayer al aeropuerto de Lavacolla (Santiago) en un vuelo procedente de Senegal. Durante su comparecencia ante la prensa estuvo tranquilo, y agradeció a todas las empresas, al armador y a las instituciones su apoyo y esfuerzos para localizarlos y rescatarlos. Pidió a los medios que, tras sus declaraciones en Lavacolla, se respetase la intimidad tanto de él como de su familia, en Moaña. A Fernando Argibay solo se le quebró la voz cuando recordó la última vez que vio, en el puente, a Vicente Pazos, patrón del barco. Relató al detalle la media hora desde que Pazos detectó que el barco escoraba por estribor hasta que lo ayudaron a subir a la balsa, en la que permanecieron los ocho supervivientes durante tres días hasta que fueron rescatados. Este es su relato de la odisea:

«O día 8 de febreiro, deste ano, ás nove da noite, o patrón, Vicente Pazos, que non pode estar con nós, unha perda que lamentamos [se lleva la mano a sus ojos, y con la voz entrecortada] dixo: «Imos virar». Puxémonos a virar, eu estaba alí, con el, porque teño os manómetros da maquinilla para ir fixándome como van as presións... Vou a máquina e subo ao ponte... Ando así todo o rato. Estiven arriba e metemos todo ben: o cable, ben; e a malleta, ben; metemos o aparello...

O saco viña cargado. Mirábase que viña moi cargado. Bastante cargado. E ao meter un lanteón, o lanteón [un cabo] rompeu. Entón o contramestre dixo de meter o aparello, o aparello real; e co aparello real si que metemos o saco. Custou traballo, pero meteuse. Non sei o que viña alí, pero para o barca que era había moita cantidade de peixe; entre peixe e basura, non sei, pero era moito...

Unha vez arriba o saco, o barco zozobrou, quebrou un pouco a estribor, e démonos conta enseguida. E dixo Vicente: ‘Jolín, escoramos un pouco a estribor’. Eu lle dixen: ‘Tranquilo, vou abaixo a ver qué pasa’. Baixei as escaleiras da ponte, ata abaixo polo pasillo, e mirei vir o cociñeiro e máis o primeiro oficial da ponte, e dixéronme: ‘Hai moita auga no parque de pesca’. E saíron pitando para arriba. Quedeime mirando como subían, metín a cabeza polo parque de pesca, e a auga xa estaba a altura dos portillos [ventanucos]. Mirei para a popa, a auga estaba entrando pola porta de popa. Esa porta está aberta porque é para as manobras dos mariñeiros. Chamei o engraxador, e díxenlle: ‘Sergio, vámonos xa’. Subín para arriba, e o barco zozobraba cada vez máis, cada vez máis...

Abandono del barco

Deume tempo a agarrarme ao marco da porta, saín para fóra con Sergio detrás miña. Cando estiven fora, xa só puiden andar polo mamparo [plancha] da ponte, porque o pasillo xa estaba case como o mamparo. Acerqueime ao cristal, mirei para dentro, e mirei a Vicente alí, e chamei por el. Berreille: ‘¡Vicente, Vicente!’ E Vicente mirou para mín, quedo, estanco. Pensei que tiña algo [detiene su relato para secar sus lágrimas y continúa con la voz entrecortada].

O barco seguía zozobrando. Tiven que agarrarme a barandilla. Sergio e tamén outros dous mariñeiros. Da barandilla subín ao cintón do casco, e de alí á quilla de balance [plancha plana situada en el exterior del casco], e da quilla de balance á quilla, porque o barco xa deu a volta. Estivemos alí coma unha media hora, na quilla. Os outros tiñan as balsas preparadas. Estaban intentando abrir as balsas no mar. Lograron abrir as balsas, unha delas ao revés. E para poñela ao dereito, quitáronlle a lona do tellado. A outra abriu ben e amarraron as dúas balsas. Dixémoslle se podían chegar remando, pero cos remos que tiñan, que son pequenos, e coa corrente, era imposible. O único que facían era quedar no sitio, non se movían. O barco empezou a fundirse. E díxenlle a Sergio, o engraxador: ‘Aquí hai que nadar, amigo, porque eles non chegan aquí. Hai que lanzarse ao mar, e dar o todo polo todo. Hai que chegar ás balsas como sexa’.

Sergio era o único que tiña chaleco, porque estaba na cama, estaba durmido cando o chamei. Era o único que tiña chaleco, os demais non, estaban na cuberta. Eu tampouco, e os demais tampouco. Foi un mariñeiro e tirouse, eu aguantei un pouco máis, e tireime tamén. Nese momento, o barco afundiu. Sergio e outro mariñeiro quedaron a flote. Eu nadei, nadei... e axudáronme a subir a balsa. Chamei polo Sergio, e contestou. Díxenlles: ‘Nadar para aquí, que a balsa non se move, non pode ir a por vós. Vinde para acá’. Despois falou co cociñeiro en senegalés, un pouco tempo, ata que se perdeu a voz del. Chamamos por el un par de veces máis. Xa non contestou... Entón estivemos a deriva durante tres días, ata que chegou o barco, e nos rescatou».

Las preguntas

Llegó el turno de las preguntas.

-¿Cómo foron os tres días?

-Lanzando bengalas aos mercantes que pasaban, uns máis cerca, outros máis lonxe. Comendo galletas e bolsas de auga. Víveres tiñamos. Bengalas gastamos todas, as últimas nos salvaron a vida, porque veu ese barco, que estivo en busca nosa. Logo dixéronme que estiveron avións, barcos de todas as empresas...

-¿Tiñades esperanzas de atopar a Vicente Pazos?

-Eu perdín as esperanzas, porque eu a Vicente o mirei [por ver] dentro da ponte. Se o toparán, que gran alegría, pero non é posible. Era máis probable que atopasen a Sergio e ao mariñeiro, que tampouco os topamos.

-¿Cál cre que foi a causa do afundimento?

-O gran peso que veu. Este barco non é un barco ramplero, coa rampla no medio do barco, a tiña un pouco a estribor.

-¿Por qué non se activou a radio baliza?

-Nin idea. Puido quedar enganchada na rede, porque a rede estaba na cuberta.

-¿Cánto tempo durou todo o que contou?

-Dende que empezou ata afundirse totalmente? Non sei, pouco máis de media hora. Agora, cando deu a volta, cinco minutos. Dou a volta moi rápido.

-¿Volverá ao mar?

-Vou pensalo aínda, fillo, vou pensalo moito.

-¿Cómo se encontra agora?

-Fisicamente ben, moralmente decaídos. E agora un pouquiño canso, veño dende o Senegal. Estou canso.

El barco, que operaba en aguas de Bisáu, era la primera vez que faenaba en Senegal

El Senefand 1 no era barco acostumbrado a Senegal. Su caladero natural era el de Guinea Bisáu, donde estuvo faenando hasta la trágica marea. Según relató ayer el jefe de máquinas, cerca de un mes estuvieron esperando la licencia para dejar Guinea y empezar trabajar en aguas senegalesas. El fatal, el que acabó con el arrastrero en el fondo del mar, era el cuarto lance que hacían, después de otros tres sin ningún problema.

Ahora, el barco de Profand descansa a 650 metros de la superficie. Dónde es otra cuestión, dado que, al no haber saltado la radiobaliza, la única orientación de la que se dispone es la recogida por el AIS (Sistema de Identificación Automática) antes de que el buque se fuese a pique.

El secretario general de Pesca, Alberto López-Asenjo, prefirió ayer no andar con paños calientes: «Por respeto a las personas que están sufriendo, sería imprudente dar mayores visos o esperanzas». Esto es, que tal y como está el mar la búsqueda está siendo «francamente complicada» y dar con el pecio y con los tres marineros desaparecidos va a ser difícil.

Ahora bien, por intentarlo que no sea. «Los medios que están implicados están dando lo que pueden y más», explicó López-Asenjo, que añadió que «se están poniendo todos los medios posibles».

Solicitud a Senegal

Así, además de todas las medidas que ha tomado la armadora, Madrid, a través del embajador, ha cursado una solicitud formal a las autoridades de Senegal para «ver de qué manera podemos tratar de localizarlo». Explicó que hay un oceanográfico que en estos momentos estaría operativo para dirigirse a la zona, «lo que se está viendo es si tiene o no capacidad para llegar a esas profundidades».

En el área de actuación se ha encontrado un cadáver, pero no correspondía a ninguno de los tres tripulantes desaparecidos, entre ellos el patrón, el marinense José Vicente Pazos.

Mientras, un portavoz de Profand señaló ayer que mantendrán el operativo de búsqueda el tiempo que sea necesario: «Tenemos un compromiso con las familias». Admitió, eso sí, la dificultad que entraña la búsqueda. «Se está rastreando el entorno de la zona de las últimas coordenadas del buque teniendo en cuenta la deriva que pudo seguir». Hasta el momento el rastreo ha sido totalmente infructuoso, ya que ni siquiera han encontrado el menor rastro de combustible o algún objeto, como cajas, maderas o parte del aparejo que pudiera salir a flote.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Fernando Argibay: «Vou pensar moito o de volver ao mar»