Horacio Rouco renuncia a ser candidato del PSOE de Palas de Rei: «É o mellor para todos»

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

PALAS DE REI

Horacio Rouco abandonando un pleno municipal de Palas de Rei
Horacio Rouco abandonando un pleno municipal de Palas de Rei cedida

Después de 24 años en la política local palense, y de haberse quedado a dos votos de la alcaldía en el 2007, el veterano socialista prefiere dar un paso al lado

28 ene 2023 . Actualizado a las 09:34 h.

Nadie es imprescindible en política, pero sí existen perfiles de personas que son necesarias dentro de los partidos. Y un buen ejemplo es Horacio Rouco, portavoz durante cuatro mandatos del PSOE de Palas de Rei y concejal socialista durante 24 años, y que ahora ha decidido echarse a un lado y no volver a presentarse a las elecciones locales del 28 de mayo. 

«A política local é vocacional, pero é necesario dar un paso ao lado, osixenarse un pouco», explica Horacio, uno de los socialistas que más ha trabajado en la sombra dentro del partido a nivel provincial y que estuvo a punto, por solo dos votos, de provocar uno de esos cambios históricos en la política lucense.

Fue en las elecciones de mayo del 2007 cuando el entonces todo poderoso Fernando Pensado estuvo a punto de perder la alcaldía. El PP obtuvo 1.432 votos y el PSOE de Horacio, 1.430. Nunca tan cerca, ni cuando un joven José Blanco intentó llegar a la alcaldía de Palas, los socialistas estuvieron a punto de arrebatar uno de los concellos más fieles al PP gallego.

Desde aquella fecha, el PSOE en Palas mantuvo el tipo, pero nada pudo hacer ante un PP cada vez más fuerte, y eso que su alcalde de entonces y el sucesor, Pablo Taboada, tuvieron que afrontar todo un proceso penal ante la denuncia de acoso laboral que le presentó la que fuera secretaria municipal. Pensado y Taboada quedaron absueltos por el Supremo y el actual regidor ha sabido poco a poco aumentar los servicios y atraer la llegada de empresas al municipio, quitándole el protagonismo histórico que siempre tuvo Monterroso en la comarca de A Ulloa.

La llegada a la política palense

El socialismo en Palas de Rei, tras la marcha de José Blanco a la política nacional, era un solar. Pensado vivía plácidamente como alcalde, hasta que Blanco entonces convenció a un vecino de San Vicente que ya mostraba una enorme pasión por la política, Horacio Rouco, que era afiliado del PSOE en Lugo y que fundó XX.SS. en el sureste lucense.

Horacio Rouco en un mitin en el 2015 en Palas de Rei junto a José Blanco y Santín
Horacio Rouco en un mitin en el 2015 en Palas de Rei junto a José Blanco y Santín

Como explica Horacio, vivió por y para la política las 24 horas del día, y además, siempre, con buen ánimo a pesar de los resultados electorales y de alguna que otra «trampa» dentro del partido. Funcionario de profesión, de 61 años de edad, trabajó varios años para el eurodiputado Antolín Sánchez Presedo. Tuvo un papel activo en varias ejecutivas provinciales (aún sigue en la actual que preside José Tomé), destacando su trabajo dentro del PSOE organizando multitudinarias mesas de debate con ganaderos sobre temas de actualidad en el sector.

Se trata de una persona muy querida por históricos del socialismo gallego, de talante conciliador dentro del PSOE y que siempre ha sabido mantener buenos contactos en los centros de poder, desde Lugo y Santiago, hasta Madrid y Bruselas. Sus consejos han sido siempre escuchados por los líderes del PSOE lucense, gallego y nacional, desde Besteiro y Touriño, hasta Tomé, Ricardo Varela o José Blanco.

El futuro incierto de la Diputación

Más allá del incierto futuro que atravesará el PSOE de Palas, y más ante un consolidado Pablo Taboada como alcalde y referencia del PP provincial, con la renuncia de Horacio Rouco el PP podría tener algunas opciones de dar un vuelco electoral en la comarca de A Ulloa y llevarse los dos diputados en liza para ganar opciones de cara a la Diputación.

A nadie se le escapa que con la marcha de Rouco, la presentación de candidatura del BNG en Palas y el proyecto que ejecutó este mandato el PP de Pablo Taboada, además con la promesa de que Altri llegará y que la ITV se instalará en este municipio, el PSOE va a perder votos en este municipio, que contabilizan en el partido judicial de Chantada.

Precisamente en este municipio los socialistas aún no tienen cabeza de lista. En Antas de Ulla lo fían todo a Pilar García Porto, pero el municipio ha perdido censo y por tanto dos concejales. En Monterroso han tenido que recurrir a Antonio Gato, pero sigue la fractura dentro de la izquierda. En Carballedo el PP está híper consolidado. Y solo Taboada, que estuvo a punto hace cuatro años de ganar el PSOE, y las dudas de Portomarín, tras la marcha del popular Juan Serrano, mantienen la esperanza de evitar una hecatombe, que sería la pérdida del diputado provincial, ese que tantos años y tantas veces le prometieron al hombre que ahora decide marcharse, Horacio Rouco.

Horacio Rouco y José Blanco en un mitin en Palas en el 2011
Horacio Rouco y José Blanco en un mitin en Palas en el 2011 PSOE

Horacio Rouco: «A miña marcha é o mellor para Palas e para o partido»

Preguntado sobre os motivos que animan a Horacio Rouco a non volver a presentarse ás eleccións é moi claro, e ademais ofrece unha serie de claves o que, segundo a súa experiencia, deberían ser as políticas do partido e sobre as figuras más relevantes, de Tomé a Besteiro.

-O PSOE de Lugo iniciou hai un ano unha nova etapa. Que se debería de facer para recuperar ese votante que se perdeu na provincia nas últimas eleccións autonómicas? 

-O PSOE de Lugo renovou a súa Secretaría Xeral, o que dou entrada a un novo equipo de traballo. A dirección aposta fortemente por un dos alicerces do socialismo: o municipalismo. O rural é unha das principais preocupacións do Partido Socialista na provincia de Lugo. O seu Secretario Xeral, José Tomé, ten coñecemento persoal das necesidades que ten a nosa provincia, eminentemente rural, tanto pola súa condición de alcalde como pola de presidente da Deputación. A proximidade cos veciños, saber de primeira man das súas necesidades e demandas é o principal valor das nosas alcaldesas e alcaldes. E deles temos que aprender e estender este xeito de facer política por todas partes ata alcanzar a confianza da maioría alí onde aínda non a temos. Imos esforzarnos nesta tarefa a un ano vista das eleccións locais, ao tempo que non pararemos en seguir propoñendo iniciativas e levando a cabo medidas que melloren a nosa provincia desde os concellos e os gobernos da Deputación e do Estado. En consonancia coa renovación do partido a nival autonómico e provincial, creo que toca tamén un relevo a nivel local. Estamos a tempo de facelo para afrontar con garantías de éxito as eleccións de 2023. 

-Por iso quere dar un paso ao lado en Palas? 

-Pois si. Ben expresado, porque quero, si mo permiten, estar ao carón da persoa que a agrupación escolla para encabezar o novo proxecto que o Partido Socialista de Palas presentará aos seus veciños. Trátase de poñer a disposición a miña experiencia nos casos que se considere oportuno. Eu creo que da política non se pode saír de todo porque, especialmente a nivel local, é unha cuestión de vocación. Non pense que é un adeus, é unha decisión que tomo pensando no mellor para Palas e o partido. Pero como lle digo o ser algo vocacional a miña intención é seguir traballando mentres me queden forzas. E así o penso facer desde a secretaría xeral do PSOE de Palas e desde o área de Reto Demográfico e Promoción Económica da Executiva provincial, encomenda na que teño postas moitas ilusións.

-Vostede vaise da política palense, pero fálase moito, por exemplo, do regreso de Besteiro. Que lle parece?

-José Ramón foi inxustamente tratado. Hai que deixar claro que foi inxustamente acusado e investigado durante dez anos. É un referente dentro do PSOE e polo tanto temos que respectar os seus tempos e a súa decisión.

-Vostede é responsable a nivel provincial do Retro Demográfico. Lugo necesita medidas extra, a maiores que outros territorios, para polo menos manter a súa poboación? Que medidas específicas se poderían aplicar nunha provincia como Lugo? 

-A preocupación pola falta de medidas que conteñan a despoboación e proporcionen traballo e benestar que fagan atractiva a provincia para as familias mozas ven de tempo atrás no Partido Socialista, que sempre fixemos bandeira da necesidade de políticas transversais que fomenten a cohesión territorial e social. Temos que aproveitar que o Goberno do Estado e incluso as axudas europeas teñen unha orientación positiva cara o que se denomina «la España vaciada». En Lugo, tanto desde a Deputación que preside o compañeiro José Tomé, como desde a dirección provincial do partido, na que precisamente delegaron en min o área de Reto Demográfico e Promoción Económica, levamos impulsando iniciativas para corrixir este mal endémico do que depende o futuro da provincia. Traballamos todos os días para conseguir que o talento e as capacidades da mocidade mellor preparada da nosa historia arraigue na nosa terra, que os máis novos queiran impulsar ou mellorar as explotacións do sector primario, fixando a súa residencia no rural, e a creación de núcleos ou zonas de asentamento atractivo para empresas innovadoras.

-Sería necesario un pacto entre Administracións para acometer o reto demográfico?

-Antes, cando se quería paralizar algo, creábase unha comisión. Agora chega con saír na prensa ofrecendo pactos coma brindes ao sol. Feijoo é un especialista en isto de ofrecer e non dar. E Rajoy o mesmo, só hai que lembrar o Pacto do Obradoiro para as infraestruturas, paralizado durante o Goberno popular e revitalizado coa volta do Goberno socialista. O que fai falta no noso país é que se poñan as administracións a traballar. Que ademais de vivendas asequibles, haxa garderías, zonas de lecer para os nenos e as familias, centros de atención primaria en condicións, e logo a atención ás persoas maiores ou con dificultades, que precisan de centros de día, residencias, unidades especializadas, etc. En definitiva, que as condicións de vida non se distingan e incluso superen ás que ofrece a vertente atlántica, A Coruña e Pontevedra. Temos que recuperar competitividade e poñer en valor o que nos distingue por riba dos demais. Por exemplo, mellorando as comunicacións, como está a facer o Goberno de Sánchez, que vai rachar co tradicional illamento da provincia. 

-A fusión ou colaboración entre concellos para compartir servizos, é unha boa idea para os veciños da provincia ou hai que dotar de recursos aos concellos para que teñan máis autonomía local?

-Unha iniciativa non debe ser contraria á outra, senón complementarias. Un exemplo, ninguén de verdade se puxo a traballar na necesidade da fusión de concellos. Este é o caso da política de imaxe do Partido Popular. Fusionan Oza-Cesuras e xa está. Cando saquemos o tema poñen o exemplo e dan por cumprido. Pero eu mesmo son da comarca da Ulloa, que vostede e os lectores ben coñecen e senón convido a que o fagan. Cree que Antas, Monterroso ou Palas poden sufragar os custes dunha piscina climatizada? Non. Pero o acordo dos tres municipios podería facer, por número de usuarios e ubicación, un servizo mancomunado sostible. Non podemos querer un rural habitado se lle sacamos os servizos, se deixamos ás familias sen centros de saúde, se lles quitamos aos comercios e aos usuarios os servizos bancarios de proximidade, se deixamos ás explotacións na estacada na defensa dos prezos do leite ou a carne. E as administracións teñen que moverse, especialmente a que ten máis competencias neste sentido, como a Autonómica. Non é de recibo que teña que ser a Deputación a que teña que promover as residencias para a terceira idade en Lugo pola desidia da Xunta. Como con este exemplo tan claro pasa con outros moitos departamentos. Loitamos desde os concellos con menos medios económicos e dedicamos os nosos esforzos a corrixir as consecuencias negativas de varios anos de parálise na Xunta, cuxo retroceso inversor en materia social é manifesto.

-Vostede é partidario da fusión de concellos.

-Digo rotundamente que si, sería necesaria. Primeiro hai que primeiro facer pedagoxía e chegar a un pacto de non empregar politicamente este asunto. A conclusión é sinxela, mentres se adoite por tensionar alegando que un ou máis pequenos perderán a «bandeira e o escudo» respecto doutro concello veciño, prevalecerán os recelos e os roces entre os seus habitantes. En cambio, se puxéramos o énfase nos beneficios de adquirir novos servizos e a fortaleza económica e de peso político que gañamos outro galo cantaría. 

-Falta planificación sobre a vertebración das vías locais, provincias, autonómicas e nacionais? Ou unha planificación de necesidades.

-Lugo contará para o seu desenvolvemento nos vindeiros anos coas infraestruturas viarias e de ferrocarril necesarias para o seu impulso económico, os socialistas levamos traballando nesto desde o Goberno do Estado. Agora ben, xa desde fai anos, especialmente desde a Deputación, se ten complementado esta rede arterial de grandes estradas, con un entramado de vías secundarias moi importante e que mellora a calidade de vida no eido rural. Probablemente non esteamos ante a necesidade de unha nova planificación total, pero si dunha revisión da conservación das mesmas e dar prioridade alí onde con estas vías se están a apoiar investimentos para a fixación de empresas ou persoas. Pero todas administracións. Digo isto para lembrarlle cómo estaba a estrada Friol ? Palas, de titularidade autonómica, ou a travesía de Guntín, de titularidade estatal. Todas as administracións deben arrimar o ombreiro.