Cando o noso Hamlet subiu ás táboas

«O incerto señor don Hamlet» estreouse no Teatro Colón hai 60 anos e supuxo un paso máis na idea de Álvaro Cunqueiro de que os mitos son sempre actuais


LUGO / LA VOZ

1959 foi o ano do triunfo da revolución cubana e do anuncio do concilio Vaticano II. Fidel Castro converteríase nun dos protagonistas da política da segunda metade do século XX, un tempo no que o papa Xoán XXIII, ao convocar ese encontro, abriu a porta a cambios que influirían máis alá da Igrexa. Porén, ningún dos dous tivo daquela máis importancia da que lle correspondía ao príncipe Hamlet se atendemos ao criterio de Álvaro Cunqueiro.

«Non hai nada que teña maior actualidade ca os mitos. Son sempre noticias de última hora», escribiu o autor mindoniense, que, cómpre lembralo, dedicou ao xornalismo moitas horas da súa vida. Hai agora 60 anos, o 31 de agosto de 1959, Hamlet achegouse á Coruña e no Teatro Colón estreouse a obra á que Cunqueiro dedicara esforzos, ás veces envoltos en dúbidas, nos meses anteriores.

Nunha carta ao amigo Alberto Casal, incluída no volume Saiban cantos estas cartas viren, o escritor anota antes da estrea que viaxará de Mondoñedo á Coruña para ver os derradeiros ensaios, pero en realidade confesa o seu desacougo: «Non é nada esa estrea, e porén tenme inquedo e impaciente, e con temor», di.

Problemas

Os temores semellaban fundados, non por inexperiencia dun autor que xa tiña unha longa traxectoria na poesía e na narrativa, pero si máis ben por circunstancias habidas nos meses anteriores. Noutra carta do devandito volume, escrita en xullo de 1959, Casal recolle os problemas xurdidos antes da estrea por mor das dificultades para a difusión da obra. O Ministerio de Información e Turismo xogara un papel importante nese asunto, aínda que a obra puido logo representarse.

A atención que dedicou Cunqueiro ao mito tan coñecido grazas a Shakespeare enténdese ben cun artigo, Dúbidas e morte de Hamlet, publicado neste mesmo xornal en 1956 e incluído na recompilación Álvaro Cunqueiro. 100 artigos, de Dorinda Rivera. «Case tanto como a Ulises, heroe das batallas e dos discursos, rico en enganos, amo ao incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca», afirma o autor lugués.

Vendaval e vento do oeste

O teatro está presente noutras obras cunqueirianas -velaí, por exemplo, As crónicas do sochantre, coa peza Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados-, pero ademais a súa debilidade por Hamlet reflíctese nese artigo de 1956 e noutros textos. Por unha banda, lembra que un dos personaxes de Merlín e familia, o moro Alsir, chega ás terras de Miranda despois de pasar por Elsinor e de ser recibido en audiencia na corte. Por outra, nunha das edicións da obra teatral explica como un escenario de ficción pode convivir co real na percepción dun creador: no outono de 1958, mentres escribía a peza, sopraba tanto vendaval en Mondoñedo «como sopran ventos do oeste en Elsinor».

Chegado por fin o verán de 1959, Cunqueiro contaba, nunha entrevista neste xornal asinada por Vicencio, que coa obra tentara dar resposta a «vellas e eternas preguntas» e que confiaba nos actores -a obra foi representada polo grupo Teatro Cultura, da Asociación Cultural Iberoamericana- polo «verdadeiro amor» posto nos ensaios. Tamén engadía que se a obra resultaba un fracaso, a responsabilidade sería súa por ter emprego unha linguaxe «escura e torpe». O xornalista remata a entrevista cun comentario que lectores, espectadores, actores e críticos semellan asumir 60 anos despois: que Cunqueiro amose escuridade ou torpeza na linguaxe, escribe Vincencio, «resulta imposible». 

Un xantar de homenaxe varios días despois

Cunqueiro pensaba ir a Vigo tras a representación no Colón, pero cómpre lembrar que os días posteriores á estrea tamén deberon ser agradables: na Coruña, como publicou este xornal, organizouse un xantar de homenaxe polo «extraordinario éxito» da montaxe no que Cunqueiro deu as grazas con fonda emoción. A obra representouse axiña noutras cidades: por exemplo, levouse ás táboas en Lugo en outubro dese ano, 1959, no marco do San Froilán, o Domingo das Mozas.

Galicia estrena el museo de Cunqueiro

maría cuadrado
La máquina de escribir de Cunqueiro preside una de las salas
La máquina de escribir de Cunqueiro preside una de las salas

Este viernes abrirá sus puertas en Mondoñedo la casa-museo dedicada al escritor, un referente dentro del ambicioso proyecto para divulgar e investigar sobre su obra

Tras años de gestiones y meses de obras para este viernes, día 1, está prevista la inauguración en Mondoñedo de la casa-museo Álvaro Cunqueiro. El centro está ubicado en el corazón de la ciudad episcopal, frente a la Catedral arrodillada (denominada así por sus perfectas proporciones) y ocupando una vivienda en la que residió durante unas tres décadas y en la que escribió el ilustre escritor. Con vocación de ser un referente cultural, el Concello mindoniense impulsa desde el 2015 la creación de este centro museístico que en todo su conjunto es una joya patrimonial.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cando o noso Hamlet subiu ás táboas