«O galego científico é un reto»

La Voz

CIENCIA

MERCEDES MORALEJO

JOSÉ XAVIER BOM A ENTREVISTA Carlos Garrido, doutor en Bioloxía e docente de Traducción na Universidade de Vigo Carlos Garrido, doutor en Bioloxia pola Universidade de Santiago e docente de Traducción Científico-Técnica na Universidade de Vigo presenta ás 20.00 horas de hoxe, na Galería Sargadelos, o volume «Manual de Galego Científico». No lanzamento desta obra participarán os catedráticos José Luís Rodríguez, de Filoloxía Galega, e José Masa, de Matemáticas. Garrido insiste no carácter pioneiro deste seu traballo, que ten como obxectivo primordial «axudar á normalización do idioma galego no ámbito científico».

14 nov 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

«O galego científico é un reto», afirma este docente. O seu libro é pioneiro, pois «en idiomas como por exemplo o castellano non hai nada semellante». _¿Cómo surxiu esta obra? _Eu coñecia o traballo realizado polo catalán Carles Riera, autor de Manual de Català Científic e de Curs de Lexic Científic. E, tras elaborar un Vocabulário Quadrilingue de Invertebrados, en inglés, alemán, español e galego-portugués, pensei que seria interesante un contributo como este manual, e así decidin colaborar con Riera para traballar a sua proposta en galego. _¿A quen se orienta o seu Manual de Galego Científico? _A principal orientación é para Matemáticas, Ciencias Naturais e disciplinas técnicas en xeral. Digamos que pensei nas materias de Ciencias durante a elaboración dos contidos. Pero a filosofía do libro ultrapasa este ámbito e pode ser aplicado para vocabulario de Historia, Xornalismo, Filosofia e outras áreas. _¿Ten utilidade práctica? -É claro que si. Por exemplo, para aqueles profesionais galegos que aspiran a traballar no sistema sanitario portugués, onde se ofrece moito emprego ultimamente, pois os termos que se usan serven perfectamente para a sua formación.