Será unha completa programación ata o vindeiro 1 de decembro, avanzou o Concello
13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • O Concello de Zas botará a andar hoxe o seu ciclo de actividades arredor do 25N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Farao no auditorio de Baio, ás 18.00, coa representación da obra Bulebule, a cargo da compañía Os Náufragos: para todos os públicos, a partir de 4 anos de idade. O programa deste ano estará especialmente centrado na concienciación e sensibilización do alumnado do municipio, procurando valores de igualdade e respecto dende ben cedo. As actividades estenderanse ata o 1 de decembro e ademais de teatro haberá tamén contos, charlas, cursos ou obradoiros. Manuel Muíño, alcalde de Zas, traslada o «compromiso coa erradicación total da violencia machista» e lembra que Zas ten activo dende hai xa máis de 15 anos o Centro de Información á Muller (CIM). Nel aténdese a usuarios do municipio, pero tamén de Vimianzo, Laxe e Cabana.