Últimos días para gozar da pista de patinaxe sobre xeo de Vimianzo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

BASILIO BELLO

Estará aberta ata o domingo 11 de xaneiro, ao igual que o estará o Recuncho Gastronómico da Praza

09 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o domingo • Xa pasou o día de Reis e semella que a rutina volve coller ritmo, mais en verdade, ata que non pase este domingo o Nadal non se dará por finalizado de todo. Cando menos en Vimianzo, onde ata ese día funcionará a pista de xeo instalada na Praza do Concello.

O horario ordinario é de 11.00 a 14.00, polas mañás, e de 16.00 a 22.00, polas tardes, se ben os venres, sábados e domingos, ese horario amplíase ata as 23.00, con último pase ás 22.00. Coa compra de entrada —5 euros—, a sesión será de 45 minutos, con 15 a maiores para cambio de patíns, que están incluídos nos billetes. Seguirá funcionando, doutro lado, o Recuncho Gastronómico: hoxe, de 17.00 a 00.00; sábado e domingo, de 12.00 a 00.00.