Teatro, arte, cinema, libros e moito máis para este sábado na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Caramuxo Teatro pasará hoxe por Fisterra, cun espetáculo para primeira infancia
Caramuxo Teatro pasará hoxe por Fisterra, cun espetáculo para primeira infancia

¿Sen plan este 17 de xaneiro? Nesta axenda tes as principais citas da xornada, de Cerceda a Fisterra

17 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Sábado 17 de xaneiro e ademais de todos os bailes para maiores que pode consultar nesta información, estas outras propostas hoxe na Costa da Morte:

Carballo • Conmemorando o Día Internacional polo Decrecemento, o Casino acolle unha ampla xornada: feira artesanal (11.00); palestra Soberanía alimentaria, produción labrega (11.30); vermú con Afroliada (13.00); xantar e palestra Sementamos soberanía, colleitamos comunidade (16.00). Será, doutro lado, día de San Antón Abade en Noicela, con misa e bendición de mascotas ás 12.30 horas. No estudo Garabato, ás 21.00, inaugurarase a exposición Linias e Liñas, da carballesa Milagros Cotelo: apertura ás 21.00 horas (máis información, aquí).

ZasAcollen as Torres do Allo, ás 12.00 horas, a presentación da nova web do Concello, acto do que tomarán parte Manuel Muíño, alcalde; Gema Lema, responsable de Medialeva, e Diego Alonso, de WP Nordés. O acto incluirá ademais a conferencia A intelixencia artificial na vida das persoas, a cargo dos docentes Óscar Manuel Rey e Fina Paulos.

MalpicaA asociación Malpica Felina, co apoio do Concello, promove no mercado un mercadillo solidario: de 09.00 a 13.30. Roupa de segunda man, complementos, xoguetes ou bixutería a prezos «incribles» e por boa causa. Tamén en Malpica, na Casa do Pescador, inaugurarase ás 19.00 horas a exposición Peridotita, de Manuel Regueiro. Intervirán o alcalde, o presidente da confraría, o secretario do Fogar dos Pensionistas, Julia Ures e Vidal Romaní.

FisterraCita para a primeira infancia na fin do mundo, onde o mercado cultural dará cabida ás 12.00 horas a un espectáculo de danza para pequenos de oito meses a catro anos. Trátase de Catro, de Caramuxo. Acceso libre.

CercedaBota a andar a programación cultural de xaneiro no auditorio municipal. Está prevista unha sesión de cine para as 20.00 horas: +Cuñados. Con acceso de balde.

MuxíaTarde de teatro na vila da Barca, cun xaneiro vivo que esta tarde pasará polo teatro. O Salón do Voluntario acollerá ás 20.00 horas a obra O soño dunha noite de San Xoán, do Grupo Municipal de Teatro de Ames. É unha das obras máis coñecidas de Shakespeare. O custe da entrada é de só 1 euro.

LaxeNa libraría Risón, ás 19.00 horas, presentación da novela Illa de sangue, de Carmen V. Valiña, Premio de Narrativa Breve Repsol 2025.

CorcubiónO ciclo da Deputación Escora Danza volverá a Corcubión este ano, e para escoller a programación haberá hoxe un encontro: ás 11.30, na Capela do Pilar.

Barizo (Malpica) • Arrancan as citas do 2026 no restaurante La Ratona do porto de Barizo. Hoxe toca concerto, con Sylvie Lewis, artista británica que mestura o folk, o country, o swing, o jazz... Será ás 20.30, con acceso libre e gratuíto, e taquilla inversa (un pode deixar a cantidade que considere oportuna).

VimianzoTormenta de ideas para a vindeira edición do Asalto ao Castelo: 12.00 horas, na Casa da Cultura.