Talento da Costa da Morte nos premios Mestre Mateo 2021

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Marta Lado, nunha imaxe de arquivo, anterior á pandemia
Marta Lado, nunha imaxe de arquivo, anterior á pandemia Jose Manuel Casal

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer nas últimas horas os nominados: hai nomes ligados á comarca

12 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer nas últimas horas os nominados á 19.ª edición dos Premios Mestre Mateo, cuxa gala se levará a cabo no Teatro Colón da Coruña o 10 de abril, seguindo todos os protocolos necesarios. Entre eses nomes hai varios ligados á Costa da Morte, tal é o caso da fisterrá Marta Lado, que opta ao galardón á mellor interpretación feminina de reparto por Ons. O documental Dorothé na Vila, traballo de Olaia Tubío e Alejandro Gándara, criado entre Baio e Carballo, ten dúas candidaturas: mellor documental e mellor montaxe, obra de Lucía Estévez. O carballés Sergio Moure é candidato ao premio á mellor música orixinal, por A galiña turuleca, e a vimiancesa Alba Mancebo figura nominada a ser elixida como mellor comunicadora por Os Castros, espazo que opta, ademais, a levar o premio ao mellor programa de televisión. O festival Carballo Interplay está asemade presente, pois Amnesia 3.0 ou Xan, saídos deste encontro, optan a ser elixidas a mellor serie web.